Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2019

Intervención de José Palacín ante a proposta de Alcaldía de convocar plenos bimestrais

Imaxe
No pleno extraordinario de hoxe o Exceléntisimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro presentou a proposta de convocar os plenos bimestralmente, ou sexa, so seis plenos o ano, unha medida que se ben é legal, rompe ca etapa de ampla liberdade otorgada polo Sr. Carlos Vázquez Padín e supón unha restrición severa para os grupos da oposición e cara o rendemento de contas ante a cidadanía de Tui.  A continuación relatamos o intervención do noso concelleiro, José Palacín, con motivo deste punto do orde do día que finalmente saiu adiante cos votos a favor do Grupo de Goberno e a abstención de Ciudadanos.  "No meu discurso da súa investidura prometinlle que C21 faría unha oposición leal, o que significa non actuar a traizón, por iso onte subín o seu despacho para explicarlle a miña posición precisamente sobre este asunto de convocar os plenos bimestralmente.  Non vamos a apoiar esta proposta. Evidente a postura de Converxencia 21 neste senso e exemplificante e ninguén nos...

C21 no Corpus 2019

Imaxe
Hoxe con motivo do Corpus Chrirti o noso concelleiro José Palacín estivo presente na catedral e na procesión. Queremos agradecer ao Reverendísimo Bispo da Diocese Tui – Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza, a súa amable invitación. No capitulo das felicitacións subliñar o gran traballo das artífices das alfombras que decoraban o claustro e por suposto non podemos esquecernos dos cativos que hoxe celebraron a súa Primeira Comuñón, desexándolle un feliz día xunto coas súas familias e amigos.    

Sesión de Constitución da Corporación 2019 - 2023

Imaxe
Iniciamos este blog con un momento moi importante para C21, a toma de posesión de José Palacin como concelleiro neste mandato 2019 - 2023.   Palacin manifestou que  "con Tui e con Converxencia 21 no seu pensamento inicia unha nova etapa que lle debe aos nosos 929 votantes do 26 de maio, ao esforzo de todos e cada un dos compañeiros de Converxencia 21 e ao sacrificio especial de Carlos Vázquez Padín e de Mila González". Palacin xuramentou con libro do noso fundador "A miña visión do futuro de Tui". Xa en relación a súa intervención dicir que o noso representante agredeceu a quenda de palabra que lle concedeu o Excelentísimo D. Enrique Cabaleiro, felicitando a cidadania de Tui polo seu cumprimento exquisito ca democracia e precisamente ao alcalde electo polo seu cargo adquirido tan incontestablemente nas urnas.  Pola outra banda suliñamos a vontade de C21 de facer unha oposición leal, constructiva, responsable e elegante pero rigorosa, defe...