C21 solicta ao Goberno que realice unha nova licitación para a limpeza dos edificios do Concello.

No pleno de esta tarde noite o noso concelleiro, José Palacín, solicitou o Goberno do Partido Socialista - En Marea que declarase deserto o concurso para a Licitación da Limpeza dos Edificios dependentes do Concello de Tui logo de que non se presentara ningún candidato ao concurso. Un concurso precisamente impulsado polo noso goberno no mandato anterior.     

Do mesmo modo Palacín defendeu a transparencia, as condicións, os pliegos e a cuantía de dito concurso. 

A continuación transcribimos as palabras do noso concelleiro: 

Permítanme que esta intervención sexa un pouco longa posto que estamos a falar dun concurso realizado polo goberno de Converxencia 21 durante mandato pasado. O goberno do Sr. Padín aprobou un procedemento de adxudicación do servizo de limpeza dos edificios dependentes do Concello por un total de 371.679,81 Euros, para así acabar cunha etapa de prorrogamentos insostibles.
 
Pero se me permiten gustaríame realizar breve historia do servizo de limpeza para os nosos edificios municipais.
No principio dos tempos este servizo era municipal e acabou sucumbindo polo caos organizativo, exceso de custes e baixas laborais reiteradas. Isto aconteceu en toda España, o de Tui non foi un caso especial, por iso os concellos acudimos a externalización destes servizos, delegando en empresas especializadas.

Por remontarse a tempos máis recentes o Sr. Alcalde Moisés Rguez licitou ca empresa Samyl, por suposto baixo concurso,  por dos años y prorrogable outros dous por unha cuantía de 198.150,72€ anuais. O que pasa es que este contrato era limitado en canto a servizos.

Logo chegou o goberno cuatripartito en 2015, en plena prorroga do contrato do Sr. Rodríguez pero non sei porque non licitou, nin siquera elaboraron uns pliegos.


Así que cando chegou C21 puxémosnos máns a obra para facer uns pliegos baixos os seguintes parámentos: 

1) Presentar un concurso transparente, con un sistema de puntuación armonizado.

2) Presentación dunhas condicións contractuais óptimas para artellar un servizo de calidade.

3) Redactar uns pregos que deixasen atadas as condicións máis mimias deste servizo, seguindo criterios obxectivos como a valoración por metros cadrados como fai a Xunta.

4) Presentar esta licitación baixo os auspicios da responsabilidade orzamentaria e o realismo orzamentario por iso non plus ultra de 371.000 Euros. 


5) E a quinta columna deste asunto era o da supervisión, si houbesemos tido a sorte de participar nun goberno. Nos teríamos un concelleiro con capacidade, vontade e honrado a carta cabal supervisando, vixiando o cumprimento dos pregos, a mantemento na calidade do servizo e por suposto o cumrimento dos dereitos dos traballadores. 

Pero lamentablemente o concurso quedou deserto. Agora vostedes son o gobernó por iso nos pedimos que este asunto non caia no olvido. Declaren deserto o concurso e preparen outro cos parámentos que vostedes consideren.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.