C21 considera pouco oportuno o discurso da Sra. Concelleira de Urbanismo ao respecto de Paramos

O noso concelleiro, José Palacín, plantexou hoxe na Radio Municipal de Tui a inoportunidade do discurso da Sra. Concelleira de Urbanismo, Dª Yolanda Rodríguez, durante o Pleno e con motivo da súa exposición no punto das axudas a segundas vivendas aos afectados da explosión de Paramos. 

Palacín non dubidou da boa intención deste discurso pero o considera precipitado porque foi expresado en clave de colofón, casi de carpetazo ao problema de Paramos cando tres días antes os afectados estaban a manifestarse, e emitindo frases como: "Nos han dejado con el culo al aire" ou "Hemos pasado de ser afectados a convertirnos en apestados".  

Pola outra banda, dende un punto de vista da xestión aínda quedan asuntos por solventar, especialmente o Plan Deporense para urbanizar e dotar de servizos a Zona Cero. "Ese discurso -afirma José Palacín- será adecuado cando os afectados volten a normalidade"

O noso concelleiro tamén solicitou ao Excelentísimo Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, que tome a iniciativa e invite a Plataforma de Afectados a unha reunión con obxecto de escoitar as súas derradeiras demandas e sobre todo prestarlles ese apoio e arroupo que debe ofrecer un servidor público aos cidadáns nun caso desta natureza.    

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.