Converxencia 21 inicia a súa campaña: "Tui Seguro"
O noso Concelleiro,
José Palacín, anunciou que dende fai uns días iniciou a campaña: “Tui Seguro”.
Trátase dunha iniciativa que
consiste en ir detectando potenciais perigos por falta de seguridade en
diferentes ámbitos e puntos por todo o Concello de Tui, dende muros con risco
de colapso a pozos destapados, dende deficiencias en instalacións eléctricas públicas
ata árbores con posibilidade de caída ou irregularidades nas infraestruturas de
saneamento e estradas, e por último sen esquecer os parques infantís.
Por iso, Palacín notificou a
través de rexistro de entrada xa unhas 20 incidencias, algunhas xa arranxadas,
como un cable eléctrico ao aire na beirarúa de Casal Aboy fronte ao Centro de
Saúde ou unha bombona de gas desaloxada dun inmoble abandonado, e outros aínda pendentes
de solución como as bandas metálicas da Rotonda de Guillarei.
Palacín quere agradecer ao
Goberno Local a súa dispoñibilidade, expresando que este proceder concorda co
plantexamento da súa formación de realizar unha política construtiva, allea ao
simple oportunismo partidista e so pensando en Tui. Estas accións poderánse consultar no blog e
nas redes sociais do partido.
Nesta foto observamos imáxenes da última petición de C21 para que se talen estes perigosos eucaliptos en Ribadelouro.
Prensa:
Radio Tui: Noricias 13,30 do día 17 de decembro de 2019.
Telemariñas.
Nesta foto observamos imáxenes da última petición de C21 para que se talen estes perigosos eucaliptos en Ribadelouro.
Prensa:
Radio Tui: Noricias 13,30 do día 17 de decembro de 2019.
Telemariñas.