C21 congratúlase de que o Goberno Local comece a responder a seu Plan #TUISEGURO co arranxo das rampas de acceso nos pasos de peóns das Rúas Ourense e Compostela.

O noso concelleiro ven a congratularse polo eco que está empezando a ter no Goberno Local o noso Plan #TUISEGURO, e considera acertado que comezara a darlle resposta ca adecuación das rampas de acceso nos pasos de peóns das rúas Ourense e Compostela. Dende C21 agardamos que este tipo de intervencións, que se enmarcan no espírito de mobilidade que preconiza o PMUS, e que o propio goberno de C21 impulsamos no pasado mandato, sirvan para mellorar a vida dos tudenses e visitantes, especialmente, daqueles que presentan algún problema de minusvalía. C21 felicita ao Goberno, e con este impulso síntese animado a seguir traballando por un TUISEGURO, e sumará nas próximas semanas mais iniciativas os xa 25 escritos presentados dende novembro. Na Prensa: Faro de Vigo. (Nota: a noticia vai involucrada ca a da petición do arranxo dos postes de electricidade e teléfono que corren perigo e caída). Telemariñas. Infomiño. Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h.