Dende C21 pedimos a inmediata reposición das vallas do parque de Álvarez Blázquez.
Plan #TUISEGURO. Ante a retirada por parte de este Goberno das vallas frontais do Parque da baixada de Álvarez Blázquez, o noso concelleiro solicitou por rexistro de entrada a inmediata reposición das mesmas. José Palacín afirma que “non debemos esquecer que esa zona é transitada polos vehículos que van aos garaxes do edificio do Boulebard, e incluso baixan bicicletas e patinetes a grande velocidade pola costa, e calquera escapada dun neno pode rematar en traxedia”. Do mesmo modo dende C21 afirmamos que se cometeu o erro de deixar un anaco xunto a fonte sen perimetrar e que si un neno pequeno se achega pode caer polo balado abaixo. Polo tanto, e isto con máxima urxencia, tamén se solicita a inmediata reposición de ese espazo de valla. Prensa. Telemariñas Faro de Vigo