Dende C21 pedimos a inmediata reposición das vallas do parque de Álvarez Blázquez.



Plan #TUISEGURO.

Ante a retirada por parte de este Goberno das vallas frontais do Parque da baixada de Álvarez Blázquez, o noso concelleiro solicitou por rexistro de entrada a inmediata reposición das mesmas. 

José Palacín afirma que “non debemos esquecer que esa zona é transitada polos vehículos que van aos garaxes do edificio do Boulebard, e incluso baixan bicicletas e patinetes a grande velocidade pola costa, e calquera escapada dun neno pode rematar en traxedia”.

Do mesmo modo dende C21 afirmamos que se cometeu o erro de deixar un anaco xunto a fonte sen perimetrar e que si un neno pequeno se achega pode caer polo balado abaixo. Polo tanto, e isto con máxima urxencia, tamén se solicita a inmediata reposición de ese espazo de valla.

Prensa. 

Telemariñas

Faro de Vigo

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.