Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

C21 congratúlase do aprazamento dos impostos locais.

Imaxe
O noso concelleiro congratúlase de que a petición do noso partido ao Goberno Local, o día 25 de marzo, tivera efectos inmediatos. Nesa rogatoria C21 solicitaba a suspensión do pago dos impostos de competencia local con motivo da crise do COVID 19 e máis adiante, tamén requeria un estudo para artellar un potente Plan de Choque Fiscal, sobre todo dirixido as empresas locais. O Ilustrísimo Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, xa atendeu esta necesidade perentoria do aprazamen to , cuestión pola cual C21 traslada as súas felicitacións. 

C21 solicitará a Alcaldía un recoñecemento aos veciños que nos animan nesta corentena.

Imaxe
O Noso concelleiro, José Palacín, solicitará a Alcaldía que extenda un bando de recoñecemento público a todos aqueles que as 8 da noite, dende os seus balcóns, amenizan con música e outras actividades aos veciños que estamos en estado de confinamento.  Palacín considera esta iniciativa como unha labor social de primeira magnitude e por iso pedirá tamén por medio dunha moción, no primeiro pleno hábil, que a Corporación de Tui tamén recoñezca dita tarefa lúdica nuns momentos complexos no que calquera ánimo axuda a superar os traumas psicolóxicos derivados do encerro.      

C21 solicita un Plan de Choque Fiscal para Tui

Imaxe
O noso Concelleiro, José Palacín, manifestou de maneira informal ao Sr. Alcalde, o Ilustrísimo D. Enrique Cabaleiro, que dende a Concellería de Facenda   deberíase artellar un aprazamento dos impostos dependentes do Concello.  Do mesmo modo, C21 solicita que, pasada a crise do COVID 19, se lance un Plan de Choque Fiscal Municipal consistente nunha baixada de impostos na liña das actuacións de C21 durante o mandato anterior, especialmente no IAE, co propósito de aliviar a asfixia a que as empresas veranse sometidas debido a rotura da cadea de pagos e a ausencia de ingresos durante os próximos meses.     C21, no introduciu ningún escrito por rexistro de entrada a fin de non prexudicar   o normal funcionamento dos servizos mínimos do Concello, e que estes se centren en atender as persoas en situación de vulnerabilidade e nas cuestións de índole sanitaria.

Ante as medidas do Concello de Tui para paliar a expansión do COVID 19

Imaxe
No día de hoxe o noso concelleiro, José Palacín, conpareceu xunto cos demáis Sres Voceiros de Grupos Municipais e o Excelentísimo Alcalde do Concello de Tui para explicar as medidas adoptadas fronte esta crise do Coronavirus.  Subliñar que estas decisións que valoramos como determinativas,  parten dunha Xunta de Portavoces celebrada na maña do día 11 de marzo, na cal tamén participou o noso representante institucional.  Previamente a esta xuntanza, C21 plantexara a través de rexistro de entrada 12 medidas para prever a propagación do virus que, por certo, foron moi ben acollidas pola maioría dos representantes institucionais e polo Sr. Ilustrísimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro. Nesta rolda de prensa José Palacín explicou que: "C21 nesta nova etapa está traballando pola seguridade de Tui e da súa veciñanza, por iso, esta crise supón un novo capítulo en pos dun Tuiseguro, so que no eido da saúde pública e con unha dimensión colosal debido a grave pandemia que estamos a

Converxencia 21 - Tui anuncia a suspensión do I Congreso Local

Imaxe
En vista de que a Organización Mundial da Saúde (OMS) decretou hoxe unha pandemia mundial por coronavirus e que en España se está a sufrir un importante aumento de casos, Converxencia 21 decidiu suspender o I Congreso Local C21 Tui, previsto para o sábado 14, aprazando sinedie, e agardando a normalización da situación o máis pronto posible co desexo da recuperación dos afectados. Do mesmo modo animamos a todo o persoal sanitario ante o difícil reto que se presenta. Mónica Romero.  Secretaria Encargada para o I Congreso C21 Tui.   Prensa  Faro de Vigo               

C21 solicita o vallado urxente da Rúa Álvarez Blazquez.

Imaxe
Dentro do seu Plan #TUISEGURO, o noso concelleiro, José Palacín, solicitou por Rexistro de Entrada o urxente e correcto vallado da Rúa Álvarez Blázquez na súa marxe que da ao precipicio onde se atopan as instalacións do Liceo Casino e as Piscinas Municipais. Todo isto xurde a raíz dun aviso dun cidadá na súa rede social na que se advertía da ausencia de elementos de seguridade nese traxecto. Tras verificar isto in situ, o noso concelleiro de C21 advirte que: 1) Existen tramos con valla duns 70 cms que non cumpren a normativa de altura, e que diante teñen setos pero que son facilmente franqueables polos lados. 2) Hai outros tramos de valla de 70 cms que dan directamente ao abismo. 3) E por último, o máis grave, achegándose aos Xardíns de Troncoso atópase un anaco sen vallar que ameaza unha caída dende varios metros. Polo tanto, posto que cerca existe un parque infantil e os propios Xardíns de Troncoso, Palacín solicita o cambio de protección tal como

Entrevista ao noso Concelleiro, Jóse Palacín, na Radio Municipal de Tui.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, foi entrevistado esta mañá polo periodista José Font na Radio municipal de Tui. Ámbolos dóus falaron sobre o Goberno actual, realizando Palacín unha valoración da súa xestión. Escoitar aquí a entrevista.  

O 14 de marzo, I Congreso Local de Converxencia 21 - Tui.

Imaxe
Anunciamos a celebración do noso I Congreso Local que terá lugar o día 14 de marzo na Sala Félix da Área Panorámica.  A Executiva Nacional do partido nomeou no mes de novembro a Mónica Romero como Secretaria Encargada de artellar dito Congreso que se atopa na fase final, posto que xa se pechou o prazo para a presentación de candidaturas. O único aspirante ao cargo de Secretario Local de C21 - Tui é José Manuel Palacín Y Rguez, actual concelleiro e voceiro da formación. José Palacín presenta unha candidatura a Executiva que conta ca propia Mónica Romero en calidade de Vicesecretaria, con persoas históricas do partido como Sonia Santos, de innovación como Auri Fernández e cos exconcelleiros Mila González, Chus da Silva e Eduardo Freiría. Do mesmo modo, neste I Congreso someterase a escrutinio o modelo de organización local proposto por Palacín e no futuro esta Executiva presentará a Asemblea Local as ponencias estratéxica e política. Ao congreso asistirán o noso Secretario Xeral,

C21 solicita o soterramento dos cables eléctricos que surcan o horizonte diante do miradoiro da Capela da Misericordia.

Imaxe
A raíz dos continuados comentarios dos visitantes e turistas nos que se critica o feísmo que supón ter uns cables eléctricos percorrendo o horizonte do miradoiro da Capela da Misericordia, José Palacín solicitou por rexistro de entrada a D. Laureano Alonso, que se actúe ao respecto e que se elabore un proxecto, iso si, consensuado con Patrimonio, para a reordenación deste cables por medio dun soterramento. Do mesmo modo, Palacín afirma que “C21 seguirá insistindo ata a total extinción dos elementos distorsionadores do entorno no casco histórico de Tui”. Na Prensa.  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h.  do día 5 de marzo.  Faro de Vigo. Telemariñas

C21 solicita unha actuación na Fonte de Riomuiños.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a reparación da Fonte de Riomuiños para reverter a actual situación de degradación na que se atopa. A fonte do século XVIII, no barrio vinculado ao pasado sefardí, atópase nun estado de abandono e desleixo que se fai patente polas accións vandálicas, como a realización de pintadas en tres das súas caras ou presenza de restos de adhesivo. A situación agrávase tamén ao presentar perda de morteiro nalgunhas xuntas, presenza de morteiro de cemento que resulta quimicamente agresivo, ou escamación e disgregación da capa superficial dalgúns sillares. É por isto que xa se lle solicitou ao Sr. Laureano Alonso que se poña a traballar de inmediato na súa recuperación ca elaboración previa dun proxecto da man de Patrimonio que permita unha limpeza non agresiva, a aplicación de morteiros onde falta, a substitución dos morteiros de cemento gris por morteiro de cal e consolidación das capas de pedra disgregada.  Dest