Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

C21 deséxalle a mellor das sortes ao Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes.

Imaxe
Converxencia 21 – Tui quere desexarlle a mellor das sortes na súa nova andaina ao Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes, despois de que na sesión plenaria do día 28 de maio, presentara a súa renuncia a seguir no cargo de Concelleiro na Corporación de Tui.  O Sr. Diz Guedes é unha das figuras políticas máis relevantes que naceu do seno de Tui, ocupando tódolos rangos da vida pública, dende Concelleiro en varias ocasións a Alcalde, e de Conselleiro de Xustiza e Interior da Xunta de Galicia ata Delegado do Goberno na nosa Comunidade, vinculado nesta etapa ao Partido Popular.  Político de gran talento e traxectoria, demostrou sempre unha capacidade innata para adaptarse ao medio e manexar situacións de urxencia, por outra banda, a súa preparación e dilatada experiencia aportaban serenidade e diálogo, sobre todo nestes últimos tempos como Concelleiro do Partido Político Ciudadanos na Corporación tudense.  Ante a súbita noticia trasladada ao final do Pleno polo propio Sr.

C21 adhírese a reivindicación para a apertura do paso fronteirizo entre Tui e Valença.

Imaxe
O noso Concelleiro, José Palacín, acompañou hoxe a o Ilustrísimo Presidente da Cámara Municipal de Valença, D. Manuel Lópes, e ao Excelentísimo Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, na concentración que se materializou na alfandega de Valença, e que tiña como propósito a solicitude da apertura do paso fronteirizo entre Tui e Valença a través da Vella Ponte Internacional.  Dita petición conxunta da ámbalas Corporacións baséase na vontade de encontro entre dos pobos unidos polo corazón habida conta da mellora sustancial da situación sanitaria  e debido ao prexuízo que esta separación está a causar nas economías das dúas localidades.  C21, mantendo as precaucións dictaminadas polos respectivos ministerios de sanidade de España e Portugal, tamén adhírese as verbas dos máximos representantes locais  Sres. D. Manuel Lopes e D. Enrique Cabaleiro, de feito o noso concelleiro dende a Radio Municipal de Tui ven pedindo sistemáticamente dende fai unha semana que os nosos representantes p

Dous anos dende a traxedia de Paramos, a dor abre paso a esperanza.

Imaxe
Hoxe conmemórase o segundo aniversario da traxedia de Paramos. Foi un electroshock que detivo de golpe o latido dun barrio, de varias parroquias, de toda a nosa localidade.  Moitos notamos a bater das nosas fiestras, outros un forte tremor, os mais achegados o inferno de Dante. O Barrio da Torre chegou ao ceo e volveu a caer en forma de volcán de pedras, ferros, mobles, coches, enseres, e recordos. Logo as sirenas e os choros de desesperación.  Dúas persoas falecidas, trinta e sete feridos e sesenta casas gravemente afectadas.  Dende esta primeira declaración en pos dun loito oficial efectuadas polo Excelentísimo Alcalde, D. Carlos Vázquez Padín, (e que aquí transcribo), ata o día de hoxe, os veciños pasaron moitas vicisitudes e penurias, pero hoxe a dor vai abrindo paso a esperanza, e nos dende C21, esperamos de corazón, haber contribuído a ese proceso de curación.     Porque seguimos comprometidos!. Carlos Vázquez Padín

Entrevista a José Palacín na Radio Municipal de Tui.

Imaxe
Con motivo da rolda de contactos cos voceiros dos partidos da oposición, a Radio Municipal de Tui entrevistou hoxe ao noso concelleiro, José Palacín.    Durante 22 minutos o periodista, D. José Font, repasou co noso representante a actualidade municipal, tratando asuntos como o Plan de Reconstrucción post COVID 19, a polémica sobre as futuras estacións de servizo en Areas, o parking da traseira da Área Panorámica ou o Pleno do 16 de Abril, onde o Goberno Local levou a recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo a remanente de tesourería a frioleira de 773.000 Euros en tan so 6 meses. Para finalizar José Palacín voltou a felicitar a cidadanía de Tui e a súas forzas vivas polo comportamento exemplar durante o período do Estado de Alarma.  Este é o enlace da engtrevista en IVOXX

Feliz Día das Letras Galegas

Imaxe
Lamentablemente, as circunstancias non permiten a celebración deste día tan especial para Galicia, este ano adicado a D. Ricardo Carvalho Calero, pero C21 si quere lembralo ca esperanza de que en Tui pronto poidamos recuperar o noso Teatro Principal, referente histórico do uso do galego na cultura, e que os nosos literatos reciban alí as súas homenaxes.    

Sobre a información COVID 19 do Concello de Tui

Imaxe
Para este período de desescalada o Concello de Tui ven habilitando un apartado na súa páxina Web baixo a denominación "COVID 19". Este é o enlace: http://tui.gal/gl/covid-19//10410 Do mesmo modo habilitouse a "Oficina COVID" que ten por obxecto informar as empresas e autónomos sobre a normativa, axudas, subvencións, bonificacións e exencións decretados polo Goberno Central e pola Xunta de Galicia. Este é o enlace: https://oficinacovid.tui.gal/ C21 Tui, ca máxima lealdade, vai a traballar a carón do Goberno Local en post da implementación de medidas que axuden as empresas, autónomos, comerciantes e traballadores da nosa demarcación a manterse en pé neste difícil trance. De feito, a semana pasada presentamos un proxecto denominado "Plan Fiscal de Choque" que agardamos sexa útil a hora de implementar ditas medidas.