Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

C21 se suma ao acto de apertura da fronteira con Portugal.

Imaxe
Esta noite vivimos o fito histórico da reapertura da fronteira con Portugal na Vella Ponte Internacional. O noso concelleiro, José Palacín, e varios membros do partido achegámonos ata a alfandega de Valença do Miño para brindar con nosos irmáns valençianos.      O noso concelleiro tivo a idea de conservar os alambres que ataban as barreiras desplegadas pola GNR, a modo de lembranza, como un anaco do muro de Berlín.  Outra vez xuntos.  Foto 1: Beatriz González Sousa (De Cleves) Foto  2: Chus Guinde

Converxencia 21 corrixe ao Concelleiro de Patrimonio en relación as súas declaracións sobre o Teatro Principal.

Imaxe
C21 afirmamos sentirnos sorprendidos polo discurso co Sr. Concelleiro de Patrimonio emitiu durante a presentación do Anteproxecto de Reconstrución do Teatro Principal, celebrado onte na Área Panorámica. O Sr. Titular de Patrimonio afirmou de forma taxativa que: “Ata fai un ano ninguén fixera nada en pos da rehabilitación do Teatro”. Queremos correxir tal afirmación, porque partimos da base de que foi o goberno de C21 o que deu os primeiros pasos firmes na rehabilitación do inmoble, así como na recuperación do patrimonio moble. O Noso concelleiro afirma que: “Todos estes feitos podense corroborar pola compra do edificio trala aprobación plenaria do 31 de maio de 2018 e pola recuperación do telón, hoxe exposto na Área Panorámica. Do mesmo modo, o entón Alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o Concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, mantiveron sendas reunións, tanto co arquitecto Cesar Portela co obxecto de que este retomara o seu proxecto dos anos 80, como co Director Xeral de Ar

Compromiso de C21 co Teatro Principal

Imaxe
Hoxe o noso concellleiro, José Palacín, asistiu ao acto de presentación do anteproxecto do Teatro Principal a cargo do seu redactor, o Arquitecto D. Cesar Portela. Para este gran arquitecto esta reconstrución (segundo as súas propias palabras) "supón un reencontro co seu pasado", 40 anos despois de que el mesmo deseñara o proxecto orixinal para rehabilitar esta peza mestra arquitectónica. Dende C21 consideramos que a nosa participación foi esencial neste fito debido a que foi baixo a éxida do noso mandato cando o propio Alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o noso concelleiro  de Patrimonio, Eduardo Freiría, xestionaron a compra do edificio e inciaron os primeiros trámites para a rehabilitación.  A nosa formación solicita a o Goberno actual que non desfalezca na procura de financiación para este proxecto e que mestres tanto acometa unha obra básica de desescombro e apuntalamento para evitar máis danos a esta perla decimonónica. Non tornemos a época onde os partidos

C21 solicita ao Goberno que arranxe os bancos do centro, do paseo fluvial e das parroquias.

Imaxe
O noso concelleiro solicitou por rexistro de entrada que se realice unha serie de pequenas intervencións en clave de reparación sobre os bancos de Tui.  Estes elementos do mobiliario urbano, de vital importancia no verán e para as persoas maiores, presentan un lamentable estado de desleixo, tanto no centro, como no paseo fluvial e tamén nalgunhas parroquias, onde se nota que levan anos abandonados. José Palacín pide que se limpen, se lixen e se pinten ou vernicen, e que se restitúan os que se atopan inservibles, apostando por materiais de fabricación e deseños acordes co entorno. Prensa:  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 22 de Xuño de 2020.   Porriño Digital  Telemariñas  Faro de Vigo

C21 solicita ao Goberno Local que retome as negociacións co colectivo de comerciantes ambulantes.

Imaxe
Trala manifestación de onte, C21 solicita ao Goberno Local que reinicie inmediatamente as negociacións co colectivo de comerciantes ambulantes. O representante do partido liberal, José Palacín, considera que “o diálogo por parte dun  representante público debe ser constante, levarse ata a extenuación”. Por outra banda referente a esta decisión do Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, de trasladar o mercadillo a nova localización, afirma que: “Antes de tomar unha medida tan transcendental que afecta a un colectivo tan arraigado na nosa comunidade e que tanto leva sufrido debido a esta inactividade obrigada polo COVID,  debe terse xa contemplada de antemán unha alternativa viable, que outorgue seguridade aos afectados. Sen embargo esta medida concita resignación, desasosego e incluso malestar como se denotou na concentración da Corredoira”     Na Prensa: Telemariñas Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h do día 19/06/2020.

C21 solicita reactivación dos parques infantís.

Imaxe
Dende C21 solicitamos a máxima dilixencia, sempre cumprindo cas medidas de seguridade, na posta en marcha dos parques infantís. O Goberno Local debe ter en conta que nesta situación de "nova normalidade" decretada para Galicia, os parques son unha das escasas actividades de lecer para os nenos, e máis tendo en conta a falta de colexio, o peche das piscinas municipais, e as restricións nas praias ou zonas deportivas.  Consideramos que, a pesar das reiteradas solicitudes de C21, o Goberno Local non tomou as medidas necesarias para o arranxo destas instalacións e agora vese imposibilitado para aperturar. Lembrar nese senso que o noso Concelleiro, José Palacín, ven solicitando nestes meses, tanto por rexistro de entrada como en varios plenos que o executivo volte a tipoloxía contractual para o mantemento dos parques infantís adoptada no mandato do Sr. Padín e que a Sra. Concelleira Delegada de Parques e Xardíns do PSOE suspendera dende que asumira a súas fun

Congratulámonos de que o Goberno habilitase Casal Aboy tal como o plantexamos no noso Plan Tui Seguro

Imaxe
C21 congratúlase de que o Goberno Local habilitase a beirarrúa de Casal Aboy, cara a Rúa a Guarda, tal como lle plantexou o noso Concelleiro, José Palacín,  fai uns meses. A urbanización deste tramo foi unha das intervencións que solicitou a nosa formación dentro do Plan Tui Seguro que procura minimizar os riscos para a integridade física das persoas mediante a reconstrución, reparación, reforma, etc... de determinados elementos da cidade.    Tamén, nesa mesma zona, suprimiuse un poste eléctrico que se atopaba en situación de precariedade e sobre o cal solicitamos a retirada.   Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30, día 11 de xuño.  

C21 solicita unha praza de carga e descarga na Rúa Ourense.

Imaxe
O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada que se lles habilite unha praza de carga e descarga aos hostaleiros e comerciantes da zona tras recibir varias peticións.  A praza estaría ao servizo de varios negocios co necesitan de forma perentoria.  Do mesmo modo, C21 fará un estudo de necesidades destes aparcamentos especiais nas rúas do centro porque dende Converxencia 21 entendemos que unha das formas máis efectivas de dinamizar o comercio e a hostalería pasa porque os locais teñan conectividade loxística posto que isto abarata custes, optimiza recursos e facilita o labor dos traballadores.  Na Prensa:  Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30, día 11 de xuño.       Telemariñas