Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2020

C21 presentará no Pleno unha solicitude para eliminar tres puntos negros na Estrada PO - 404.

Imaxe
O noso Concelleiro defenderá nesta sesión plenaria de xullo unha mo ción pola ca l pedimos que a Corporación de Tui solicite a Consellería d e Infraestruturas da Xu nta de Gal icia a intervención en tres puntos negros do percorrido da PO - 404 a seu paso pola demarcación de Tui. A moción solicita a mellora do tramo entre o Km 3,120 e o 3,250 no seu transcurso polo regato de Paramos onde un valado e unha ponte supoñen un risco para os vehículos e a absoluta interrupción do tránsito peonil, unha segunda actuación s e requiriría fronte a Casa Cultural Paramos onde os vehículos circulan a gran velocidade, e unha terceira, a máis ambiciosa, tería como obxecto liquidar o punto negro sito en Baños, en torno a Estación, Colexio O Pelouro   e CRA de Caldelas, presentándose un informe de actuacións urxentes. C21 iniciou estas reivindicacións ao abeiro do seu Plan LOITA PO la 404,   e se ben o concelleiro do partido liberal recoñece a traxectoria positiva de investimentos da Xunta de Ga

Intervención de C21 no Pleno Extraordinario referente ao Mercado do Xoves

Imaxe
Onte celebrouse o Pleno Extraordinario que trataba o asunto do traslado por parte do Goberno Local do mercado do xoves. Podemos escoitar no facebook a intervención do noso concelleiro José Palacín que el mesmo calificou como "tempos de escuridade para o mercado do xoves".  Enlace facebook Foto: Terreos para a nova localización do mercado esta noite.

C21 solicita a reparación da rexilla protectora do motor do aire acondicionado da Area Panorámica.

Imaxe
Por un Tui Seguro. #Tuiseguro O noso Concelleiro ven de solicitar por rexistro de entrada a inmediata reparación da rexilla protectora do ventilador que se atopa no motor do aire acondicionado da Área Panorámica. Dita rexa protectora, que se atopa nunha caixa no exterior, pola cara que da a Rúa Ourense, presenta un aspecto deplorable, e ao estar a baixa altura, supón un serio perigo para os nenos, porque se algún metera a man, esnaquizaría os dedos. C21 pide a reposición da rexilla, e si é posible rodear tamén o artefacto cunha protección.  Prensa:  Porriño Digital Faro de Vigo

C21 e os demáis grupos da Oposición solicitan un Pleno Extraordinario para tratar o traslado do Mercado do Xoves.

Imaxe
O noso Concelleiro, José Palacín, anunciou que acaba de concertar cos demáis grupos da Oposición (Partido Popular, Ciudadanos e BNG) a solicitude dun Pleno Extraordinario co obxecto de tratar o traslado do Mercado do Xoves.  Prensa:  Porriño Digital Telemariñas Faro de Vigo Radio Municipal de Tui.  Este é o texto que se remitiu a prensa.  SOLICITUDE DE CONVOCATORIA PARA PLENO EXTRAORDINARIO Á ATENCIÓN DO SR. PRESIDENTE MUNICIPAL DA CORPORACIÓN DO CONCELLO DE TUI, D. ENRIQUE CABALEIRO: En virtude do Artigo 78.2 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL), os seguintes concelleiros, abaixo asinantes, que tal como se establece na norma, configuramos polo menos un cuarto da membresía da Corporación, solicitamos a CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO. HABILITACIÓN LEGAL: El art. 78. 2 del ROFRJEL señala que “Son sesiones extraordinarias aquellas que conv