Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2020

José Palacín solicita que os futuros orzamentos contemplen o mantemento de persoal fixo na oficina de Turismo tal como o establecera C21.

Imaxe
C21 ven de solicitar por rexistro de entrada unha petición dirixida ao Concelleiro Delegado de Turismo e Patrimonio, D. Laureano Alonso, para que, unha vez iniciado o curso político e habida conta de que se presupón que o Goberno Local terá que elaborar uns orzamentos, se traballe para a inclusión dunha partida que procure o mantemento de persoal fixo na Oficina de Turismo. José Palacín lembra que o Goberno de C21 foi pioneiro en instaurar esta partida orzamentaria co obxecto de evitar a temporalidade nun servizo tan fundamental para a imaxe, a economía e a difusión do patrimonio de Tui. Foto: Carlos Vázquez Padín na Oficina de Turismo presentando o Rueiro de Tui.   Prensa:  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do 31 de agosto de 2020. Porriño Digital  Telemariñas  

C21 considera tráxico e esperpéntico o sucedido co Pontillón de Caldelas.

Imaxe
C21 considera tráxico polo resultado final e esperpéntico polo proceso de execución o acaecido co acueduto de Caldelas, derrubado nunha desafortunada actuación da Confederación Hidrográfica. Palacín afirma que: “Neste caso, a burocracia aséptica das administracións públicas conduciu ao derrube dun patrimonio etnográfico que si se salva será grazas a sensibilización veciñal”. Dende C21 tamén nos sorprendenmos de que o Sr. Alcalde de Tui considere, (segundo as súas declaracións), como “impecable” este procedemento administrativo, partindo da base de que no momento da desfeita o Goberno Local pensaba co Pontillón se atopaba na demarcación de Tui e faltou vontade política para evitar a súa destrución. Palacín considera co proceso de desmontaxe, se houbese sido imprescindible para o proxecto acuícola, no debía ter sido traumático, senón arqueolóxico, cunha catalogación rigorosa e non acabar deste modo. C21 avoga por un acordo co concello veciño de Salvaterra, onde se atopaba oficialmente

C21 solicita a mellora da circulación na Rúa Calzada.

Imaxe
C21 ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local tome unha decisión sobre o tráfico na Rúa Calzada, sobre todo agora que se iniciará o curso escolar, habida conta dos atascos que se producen ao longo do traxecto da rúa en xeral, e máis na hora punta da entrada e da saída do Colexio Nº 1 ou dos pavillóns polideportivos. O noso voceiro, José Palacín, di non entender co Goberno fixera tantas intervencións restritivas no centro, deteriorando os fluxos de tráfico e xerando atrancos, o cal afecta a calidade de vida, a imaxe e a economía de Tui de xeito negativo, pero que non buscara solución para un tramo no que si existían problemas circulatorios como é o da Rúa Calzada. Prensa. Porriño Digital Infomiño Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día  

José Palacín solicita resetear o tráfico de Tui ao punto onde o deixara C21.

Imaxe
O noso concelleiro ven de solicitar por rexistro de entrada o reseteo do tráfi co ata practicamente o punto onde o deixara Converxencia 21. Durante estes últimos meses vense xerando un caos circulatorio debido as medidas restritivas implantadas polo Goberno Socialista, sendo a circulación cada vez mais atrancada, imbricada, complexa e antiintuitiva e o aparcamento cada vez mais escaso e alleo as necesidades dos viandantes e condutores. Palacín pediu retornar aos sentidos de circulación anteriores ca excepción do sentido único de San Bartolomé e Arrayal, que non Palláns. Tamén manter as restricións pola Corredoira dende a Praza da Inmaculada cara o sur, pero abrindo novamente o dobre sentido da Corredoira dende a Inmaculada cara a O Porriño. Tamén avogamos por unha contrarreforma en Augusto González Besada e que se retorne a circulación no senso anterior na Rúa O Pilar. Outras suxerencias de C21 son as de crear prazas de carga e descarga para repartidores e para minusválidos na

C21 suxire ao Sr. Cabaleiro que “si tan en desacordo está ca confiscación do remanente, se manifeste diante do Ministerio de Facenda”.

Imaxe
C21 solicita ao Sr. Cabaleiro que tome accións reivindicativas para defender o remanente de Tui ante o agravio da confiscación por parte do Goberno Central, precisamente en mans do seu partido, o PSOE.    Palacín invita ao Sr. Alcalde de Tui a manifestarse diante do Ministerio de Facenda en Madrid e comprométese a acompañalo. “O Sr. Cabaleiro (afirma Palacín) non iría so nin volvería inxuriado pola oposición como aconteceu co Sr. Padín na súa valente loita polo millón de euros do desentullo de Paramos, e si non pode facelo, polo menos que convoque aos alcaldes da contorna e organice unha acción reivindicativa común. Isto en cadea por toda España tería un efecto de fisión nuclear, pero moito me temo que o suposto clamor dos rexidores socialistas non resoará en Ferraz”.    Prensa. Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 11 de agosto de 2020.   Porriño Digital  Telemariñas

C21 presentará unha moción en contra da confiscación dos remanentes dos Concellos.

Imaxe
C21 confirma que no próximo pleno, o de setembro, presentará unha moción para elevar ao Goberno Central, solicitando que non se proceda a confiscación dos remanentes de tesourería tal como estipula o BOE do Mércores, 5 de agosto de 2020 e que suporá a liquidación masiva de investimentos a longo de tódolos municipios de España, e particularmente no de Tui.   C21 tampouco descarta presentar paralelamente outra moción para que a   Corp oración de Tui requira a dimisión de D. Abel Caballero ao fronte da Presidencia da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), por considerar os liberais tudenses, que, co seu voto de calidade, o Sr. Caballero desarmou orzamentariamente aos membros desa institución que precisamente representa.   Prensa Telemariñas Porriño Digital  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h.    

José Palacín: O Sr. Alcalde de Tui está a pecar de falta de estética no caso “Pousa do Bispo”.

Imaxe
O noso concelleiro lamenta que o Sr. Alc alde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, estea a adoec er de falla de estética no trámite do expediente relacionado ca urbanizaci ón Pousa do Bispo. Palacín afirma que: “Cando existe un conflito de intereses, como é neste caso, un político debe actuar con absoluta transparencia, e no trámite do expediente da Pousa do Bispo o noso máximo representante careceu dos mínimos estándares de diafanidade cando presentou por urxencia e sen acompañamento da documentación pertinente a dotación de crédito con cargo a remanente para recepcionar esta Urbanización”. Do mesmo modo, o concelleiro do partido liberal queixase de que non se lle facilitou a información solicitada xa fai un mes referente ao mercado ou que non se lle contestara cando preguntou en Sesión Plenaria polo custe do fío musical. “A metamorfose deste Goberno comeza a ser preocupante - afirma Palacín - pero dende C21 non vamos a destruílas pontes do diálogo con declaracións incendiarias, seguim