Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

Intervencións de José Palacín na Sesión Plenaria Ordinaria de Setembro 2020.

Imaxe
Audio con foto das intervencións do noso Concelleiro, José Palacín, durante a Sesión Plenaria do día 24 de Setembro de 2020.           Punto 3. Modificación orzamentaria mediante Crédito Extraordinario 6/ 2020 (MC 28/2020) (expediente ref.1693/2020)   Punto 4.  Aprobación de expediente de suplemento de crédito nº 2/2020 (modificación de créditos 29/2020) financiado con Remanente líquido de Tesourería.          

Aprobada por unanimidade a moción de C21 en apoio a Banda de Música Popular de Tui.

Imaxe
Durante anos, a Banda Popular de Tui, auténtico emblema da música e da cultura no noso Concello, participou das instalacións do Conservatorio Municipal, de feito dende un punto de vista artístico e didáctico, atópanse intimamente ligados.   No obstante, durante os últimos meses a Banda Popular de Música de Tui foi expelida das instalacións do Conservatorio, unha decisión supostamente amparada nos protocolos do COVID 19, aínda así, foron desaloxados sen ningún tipo de comunicación previa nin escrito executorio.  Dende ese momento empezou para a nosa Banda Popular un penoso periplo na procura de un local axeitado para ensaiar e para gardar o seu valioso e delicado material de ensaio.  Tras buscar, estritamente pola súa conta, varias solucións transitorias agora atópanse nunha situación desesperada sen que se lle procure solución algunha dende o ente municipal. Tanto é así, que onte a dirección da Banda emitiu un comunicado de SOS no que se solicita unha solución, máis tendo en conta o ca

Converxencia 21 avisa ao Goberno Local das múltiples queixas da cidadanía sobre a limpeza viaria.

Imaxe
Os liberais de Tui decidímonos a comunicar ao Sr. concelleiro de área e por rexistro de entrada, as múltiples queixas respecto do servizo de limpeza viaria, entendendo que a pesar do gran esforzo dos traballadores, esta prestación vense deteriorando progresivamente dende a entrada do Partido Socialista no goberno.    Por exemplo, o cepillo practicamente non se utiliza, e existen rúas como San Bartolomé, Pallans, Arraial, Calzada e os finais de Colón, Avda de Portugal ou Concordia que adoecen de sistematización na hixienización.    José Palacín solicita unha maior supervisión dende a concellería como cando C21 gobernaba e a cidade, barrios e parroquias observábanse máis limpos. Foto: Palláns sen limpar. (José Palacín) Prensa.   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 16/09/2020.   Porriño Digital.     Faro de Vigo        

Converxencia 21 solicita a Alcaldía que apreme para que se rematen as obras de reparación da Ponte da Veiga.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, solicitará por rexistro de entrada esta semana que o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, apreme a Confederación Hidrográfica co obxecto de que se remate a obra da Ponte da Veiga que leva en suposta execución dende novembro do ano pasado cando sufrira un colapso. José Palacín afirma que: “Non se pode colar como nova normalidade unha circulación traumática nun viario tan esencial como o Camiño da Veiga do Louro, os veciños e usuarios está a sufrir un grave trastorno económico e de tempo debido a interrupción semafórica. Somos conscientes da complexidade técnica da reparación pero dez meses é un prazo máis que sobrado para afrontala”. C21 xa solicitara que o Sr. Alcalde mediara nesta cuestión no transcurso do Pleno do mes de xullo. Foto: Veiga do Louro. (Palacín) Prensa. Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 15 de setembro. Porriño Digital  

Converxencia 21 solicita o arranxo do chan da terraza do Centro Interfederado.

Imaxe
Os liberais de Tui vimos de solicitar por rexistro de entra da a rep aración do solo de madeira da terraza que fai servizo a cafetería do Centro Interfederado e que presenta zonas de deterioro e excesiva separación entre tablazóns, supoñendo isto un handicap para o servizo de hostalería recentemente concursado e que ten potencial para converterse nun punto de encontro para tudenses e foráneos que se acheguen a realizar actividades deportivas ou a contemplar o fermoso entorno fluvial. Foto: Solo terraza por Beatriz González Sousa. Prensa:  Porriño Digital.   Radio Municipal de Tui Noticias  13.3o do día 11 de setembro de 2020.          

C21 considera que houbo precipitación no traslado do mercado pero, dados os feitos consumados, o apoiará mentres dure a alerta sanitaria polo COVID.

Imaxe
O noso concelleiro congratúlase de que por fin, tras dous meses de peticións, puidese consultar o expediente de traslado do Mercado do Xoves aos terreos de Cam-Fran. Tralo seu estudo, José Palacín considera que: “Existiron algunhas deficiencias na xestión, e como ben amosan posteriores declaracións e actuacións do Goberno, o COVID serviu de escusa para o cambio, isto en contraposición ca diafanidade da Concelleira do noso Gobernor, Milagros González, que no seu momento plantexara tamén este traslado pero con un debate de portas abertas a tódolos tudenses”. Tamén aclarar que o Sr. Alcalde afirmou en sesión plenaria que: “O expediente de traslado do mercado o abrira Converxencia 21 no seu mandato”, cando en realidade data do 7 de Xullo de 2020, curiosamente días despois de que o conxunto da oposición introducise por rexistro de entrada a solicitude dun pleno monográfico sobre o mercadillo, documento que se acompañaba dunha xustificación de motivos que pivotaba sobre 10 puntos, entre

C21 congratúlase pola recente posta en valor do conxunto de gravados rupestres situados en Randufe pero solicita a execución do Plan REC - TUI.

Imaxe
O noso concelleiro expresa que a prospecció n e a recupera ción dos petrogli f os de Randufe foi un proxecto encargado polo goberno de C21 no mandato anterior en c olaboración ca Comunidade de Montes de Randufe e financiado coas axudas para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural da Deputación de Pontevedra, correspondentes ao ano 2019. Con este proxecto perséguese (segundo palabras do exconcelleiro de Patrimonio Eduardo Freiría) "a conservación do patrimonio e do seu entorno, así como a difusión e valorización do mesmo por parte da sociedade" , e neste senso, C21 solicita ao actual goberno que execute o proxecto financiado co Plan Concellos da Deputación, correspondente ao ano 2018, REC-TUI, e que consiste na reactivación patrimonial dos elementos históricos existentes no Concello. Trátase dun proxecto vangardista en Galicia, que ten como obxectivo o patrimonio na súa dimensión máis material, onde sexa contemplado como un “recurso vivo”, capaz de

Dende C21 lamentamos a falta de previsión en canto a medidas de seguridade sanitaria con motivo da recepción da Súa Maxestade o Rei.

Imaxe
Ca cortesía e respecto institucional que no s caracteriza ini c ia mos esta n ota d e se xándo que D. Felipe de Borbón Y Grecia tivera unha feliz estancia en Tui, pero dito isto expresa mos o noso pesar pola ausencia de medidas de distanciamento social, concretamente durante a recepción do público fronte a Comandancia da Mariña. “Repasando a filmografía da visita, - afirma noso Concelleiro - preocúpame que non se supervisase a disposición do público que acudiu ao Paseo Fluvial para expresar o seu apoio ao Excelentísimo Señor Xefe de Estado. Tantas persoas ateigadas supón unha praxe pouco prudente dada a situación sanitaria actual e debía haberse disposto aos asistentes en parcelas ao longo do paseo fluvial en vez de que quedaran apiñados tras unha valla de 8 metros”.    Por outra banda, consideramos “nada segura” a manifestación en contra da visita D. Felipe VI por non contar tampouco cas medidas de seguridade e distanciamento social axeitadas.    Todo este risco de contaxios, e p