Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Intervencións do noso Concelleiro, José Palacín, no Pleno Extraordinario do 22 de Outubro de 2020.

Imaxe
A continuación pasaremos un extracto das intervencións do noso concelleiro neste Pleno de Outubro, concretamente comezamos pola exposición do punto     3º.- Expediente 1839/2020. RENOVACIÓN DECLARACIÓN DE ÁREA DE GRAN AFLUENCIA TURÍSTICA.      Video de presentación do punto da Orde do Día.  Neste video - audio - foto observamos un Tui desolado as 11,40 h. dun sábado.  C21 aposta por realizar un estudo exhaustivo do tráfico e do aparcamento co obxecto de adaptalo principalmente a actividade comercial e da hostalería.       

C21 solicita un exame da ponte – pasarela que se atopa sobre a fonte e o lavadoiro da baixada a Mariña.

Imaxe
O noso concelleiro, dentro do Plan Tui Seguro, acaba de solicitar por rexistro de entrada o exame da ponte – pasarela que se atopa sobre a fonte e o lavadoiro da Baixada ao Embarcadoiro da Mariña, que presenta un grave deterioro na súa estrutura metálica. Por outra banda, xa a mais longo prazo, solicitamos un estudo de viabilidade para reformar ese espazo e poñer en valor o lugar, patrimonialmente tan magnífico, e tan fermoso e entrañable.   Prensa.  Porriño Digital.   Infomiño Telemariñas  

C21 solicita o arranxo do firme do terreo lindeiro ao Colexio Nº 1.

Imaxe
Dende o partido liberal de Tui acabamos de introducir un rexistro de entrada solicitando ao Concelleiro de Obras que se arranxe o firme do terreo lindeiro ao Colexio Nº 1, debido aos numerosos baches que presenta. Isto está a causar un grave prexuízo aos vehículos dos seus usuarios, principalmente aos dos pais de alumnos deste centro. Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, afirma que seguirá insistindo en tres necesidades para esta zona: a realización do proxecto de expansión do patio do Colexio nº 1 que o Goberno Anterior de C21 e do Sr. Castro deixara xa en carteira, a mellora do firme da estrada da Rúa Calzada e unha toma de decisións ao respecto do tráfico para optimizar a circulación neste viario.  Prensa.  Porriño Digital.    Telemariñas.    Faro de Vigo.    Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h do día 19 de Outibro 2020. ...    

C21 solicita papeleiras para a prolongación de Casal Aboy e no futuro na Rúa Colón.

Imaxe
Os liberais de Tui vimos solicitando por rexistro de entrada que se dote a prolongación da Rúa Casal Aboy de papeleiras debido a que nesta zona está a celebrarse o Mercadillo do Xoves e se está a converter nun lugar asiduo de paseo para os cidadáns. C21 solicitará tamén que, aproveitando as obras do Plan Concellos na Rúa Colón, se dote as súas beirarrúas deste servizo para evitar o lixo no chan e así facilitar o labor dos traballadores de limpeza viaria.       Prensa.    Faro de Vigo    Infomiño Telemariñas   Porriño Digital   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 14 de Outubro de 2020. 

C21 non comparte o balanzo do Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, acerca do tráfico en Tui.

Imaxe
O noso concelleiro afirma que non comparte as últimas declaracións do Sr. Alcalde de Tui ao respecto do funcionamento do tráfico. “Observamos unha certa intencionalidade de eludir a responsabilidade do seu goberno neste caos circulatorio”, e sinala que en ditas declaracións a radio Municipal de Tui o Sr. Alcalde escudouse no Plan de Mobilidade (PMUS) que elaborou o goberno anterior, como si este impuxese algunha obriga de prazos, tamén en que tomou amparo en técnicos da Deputación para decidir as direccións e espazos peonís e por último en cas prácticas da cidadanía en canto a circulación no son axeitadas. Condideramos que sería máis correcto recoñecer que se actuou con precipitación neste asunto e sobre todo que se rectificara, devolvendo o tráfico a situación previa a estas desafortunadas reformas, polo menos ata que a Rúa Ourense estea totalmente aberta en ámbolos sentidos. Palacín afirma que o dano destes atrancos e das restricións no tráfico, sumados a crise xerada polas medid

C21 solicita rigorosidade a hora de abordar as limpezas dos bens patrimoniais.

Imaxe
C21 ven de condenar os actos vandálicos levados a cabo no conxunto histórico mediante a realización de pintadas, co que aproveitan tamén para solicitar ao Goberno Municipal que actúe sobre os bens patrimoniais danados cos procedementos máis axeitados p ara evitar aínda máis o seu deterioro. No pasado pleno de setembro, o Concelleiro de Patrimonio, á pregunta do liberal, José Palacín, sobre o mal resultado da limpeza da Fonte de Riomuíños tras ser obxecto de pintadas tamén denunciadas por C21, respostou que “intentaría corrixilo”, resposta que, (segundo os liberais), demostra que: “O Sr. Titular de Patrimonio non coñecía o resultado do traballo por falta de supervisión e nos preguntamos si se solicitou o pertinente permiso a Patrimonio na Xunta, dado que se trata dun ben catalogado e a limpeza non pode ser realizada cun método agresivo, sen planificación nin avaliación por parte dun experto”. Os Liberais de Tui recordan que procedementos agresivos como un chorreado a presión poden ser