Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

C21 presenta a súa campaña de revitalización do comercio PasaPorTui

Imaxe
O liberais de Tui vimos de presentar por rexistro de entrada o bosquexo dun proxecto de campaña anual para reactivar o comercio.   A tal efecto solicitamos unha reunión ca concelleira desta área. Tratase dunha campaña de 12 meses, que se iniciaría neste Nadal,   que percorrería todo o 2021 e vai dirixida a incentivar o consumo por medio dun pasaporte denominado PasaPorTui . Pasaportui, como indica o nome, é un pasaporte para percorrer o comercio de Tui e que unha vez completado sería obxecto de sorteo para unha bonificación de reversión de consumo que se realizaría no propio comercio local.   A proposta inicial de C21 suporía un investimento duns 70.000 euros pero podería implementarse con unha actuación paralela online.     Esta idea de campaña enmarcase dentro do paquete de medidas para a axuda ao comercio local co noso voceiro, José Palacín, propuxo xa fai semanas en sesión plenaria ante a difÍcil situación derivada da crise do COVID. Prensa.  Telemariñas  Porriño Digital In

C21 apoia á hostalería de Tui na súas reivindicacións.

Imaxe
O partido liberal de Tui amosa o seu apoio aos seus hostaleiros, que están a sofren as máis duras consecuencias deste último peche indiscriminado dos seus establecementos en virtude do decreto ditado pola Xunta de Galicia. C21 entende que, en xeral, a hostalería local non é a responsable dos sucesivos “rebrotes” que veñen arrastrando a Tui ata a situación de Alerta Vermella, e que en todo caso, ademais dunha inxustiza estase a cometer un erro estratéxico debido a que outros países como Grecia, Suecia ou Corea veñen amosando sistemas de control do virus moito máis eficaces cos confinamentos sistemáticos e que non afectan tanto ao tecido produtivo nin a liberdade das persoas. De feito, a Comunidade de Madrid, neste último tramo adecuou medidas que compatibilizan a baixada da incidencia co mantemento da actividade hostaleira, comercial e industrial. Por outra banda, o concelleiro de C21 José Palacín, solicita ao Alcalde, Enrique Cabaleiro: “Un pouco máis de consagración na causa da hostal

Intervención de José Palacín lendo a Moción de apoio ao Comercio Local dada a súa situación desesperada.

Imaxe
O noso concelleiro presentou ante a Corporación de Tui esta moción que finalmente quedou enriba da mesa para ser debatida con maior profundidade nos próximos días, aínda que o reloxio corre en contra da nosa actividade comercial.      

Discurso C21 "Concesión de medalla de ouro do Concello de Tui ao Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres"

Imaxe
Discurso do noso Concelleiro José Palacín. O primeiro de todo “felicidades”, “felicidades” a nosa ensinanza rural, o quizás dende fora terán que felicitarnos aos tudense por haber contado con talentos como as mestras coordinadoras Dª Clara Torres ou Dª Teresa Domínguez, ámbalas dúas enormemente laureadas e que constituíron as pedras docentes angulares do éxito das nosas escolas rurais. Evidentemente, a exposición razoada presentada polo Dr. D. Rafael Bargiela é un documento completísimo que amosa graficamente e feacentemente os méritos da INSTITUCIÓN con maiúsculas, Colexio Rural Agrupado Clara Torres e eu nada vou engadir dende o punto de vista curricular. Simplemente subliñar que imos apoiar o nomeamento sen ambaxes e o que si me gustaría é realizar un breve reflexión sobre a escola rural. De neno estudei nun colexio rural de Castela, foi pouco tempo, pero marcou en min unha forte impronta. Penso que o colexio rural ten algo case espiritual, como místico, pero ademai

C21 volve a avisar ao Goberno de que debe realizar cambios urxentes no tráfico rodado porque as restricións esnaquizan ao comercio.

Imaxe
Os liberais volveremos a plantexar no pleno do Xoves a problemática xerada cos cambios de dirección e sobre todo cas restrición do tráfico que están a constituír un dos principais motivos de ruína para o comercio local, sobre todo no entorno da Corredoira. “Este Goberno ten unha idea tan preconcibida de cidade, que nin a constatación de que non funciona, faino rectificar”, - afirma José Palacín -, quen pide ao Sr. Alcalde, por enésima vez, unha sincera e profunda reflexión do que está a supoñer o corte radical de tránsito e aparcamento para os negocios situados neste punto emblemático da cidade. C21 considera que Crise Covid + Restrición de Tráfico están a ser un cóctel mortal para o comercio da Corredoria que foi esnaquizado, e solicita que se retorne a circulación en sentido sur e que se habiliten da orden de 15 prazas de aparcamento para que os usuarios poidan realizar compras na farmacia, no supermercado, nas galerías e demais comercios da zona, aínda que sexa con tempo limitado. O