Hoxe, no na sala de plenos do Concello, entregáronse os premios honoríficos a nosa Agrupación de Protección Civil, organización reconstruída polo noso Goberno en 2018, baixo a éxida do Sr. Alcalde D. Carlos Vázquez Padín e D. Antonio Castro Negro, en calidade de Concelleiro de Seguridade. Esta, a nosa asociación de voluntariado para a atección da cidadanía, ten un cúmulo de actuacións absolutamente sobrecolledora e dun valor incustionable, sobre todo durante os tempos máis duros do confinamento, traballando en labores de desinfección de diferentes edificios públicos, axudando as persoas, incluíndo a prestación psicolóxica e de ánimo aos veciños, especialmente a poboación infantil. Queremos agradecer ao Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, que no seu discurso recoñececera e puxera en valor a decisión de C21 de reorganizar este corpo de voluntarios que tanta axuda nos leva prestado. No acto tamén interviu o noso Concelleiro, José Palacín, quen lanzou a seguinte mensaxe: - Grazas Sr. Alca