Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

Intervención Plenaria de José Palacín en relación cos Orzamentos 2021. (Video)

Imaxe
Os centristas liberais de Tui votamos en contra dos Orzamentos presentados polo Goberno Local. O noso concelleiro, José Palacín, explica o porqué.  Dende C21 consideramos que no capítulo de ingresos se acada unha expansión, entre outras cuestións, grazás a rebaixa impositiva artellada na etapa do Goberno de Carlos Vázquez Padín, quen baixou o IBI e liquidou o inxusto gravame da plusvalía.  Ainda así, en certo modo, sin ser excépticos, as previsións de entradas poderían cair como un castelo de naipes.  No capítulo de gastos, resulta paradóxico o escaso compromiso cas organizacións de caracter social nun momento onde se agarda un aluvión de afectados por esta crise do COVID, e as baixadas das partidas de cultura e deporte. Doutro modo, non existe investimento, nin consignación para Protección Civil, tampouco se tapa a vía de auga que ten o Concello co gasto en Parques e Xardíns, servizo que tiña que ser licitado antes de presentar este orzamento.  A unilateralidade do Goberno, que non ac

C21 solicita a reparación do teito da parada de autobús de Mourentán (Ribadelouro).

Imaxe
#Tuiseguro. O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a reparación do teito da parada de autobús ao Colexio, situada en Mourentán (Ribadelouro). As choivas filtranse pola estrutura superior da marquesiña empapando aos usuarios que se atopan dentro.      Prensa.    Porriño Digital   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 25 de Xaneiro de 2020.    

C21 avisa de desprendementos nunha casa con perigo para os transeúntes.

Imaxe
Dentro do seu Plan #Tuiseguro o Partido Liberal de Tui ven de avisar por rexistro de entrada no Concello de que existe unha casa na Rúa Canónigo Valiño da que se desprenden determinados elementos, sendo un perigo para os transeúntes, e máis tendo en conta que dita vivenda atópase na ruta do Colexio Nº 1.  C21 lembra que nesta Rúa existe outras casas en estado ruinoso.   Prensa  Telemariñas Porriño Digital Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 25 de xaneiro de 2021.

C21 solicita que se sinalicen de forma visible as casetas que protexen os contedores do Camiño de Santiago.

Imaxe
# Tuiseguro. O noso voceiro, José Palacín, solicitou por rexistro de entrada a correcta sinalización das casetas que ocultan os contedores na ruta do Camiño de Santiago. A razón aducida por Palacín é que durante as mañas e noites de néboa resultan un perigo debido a que como son moi claras apenas se poden discernir por parte dos condutores, especialmente polos motoristas, ademais tendo en conta que sobresaen moito respecto dos vehículos aparcados. C21 plantexa que se lles engada unha banda reflectante no lado que da ao sentido de circulación dos vehículos.    Prensa.    Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 8 de xaneiro de 2021.   Telemariñas   Porriño Digital

C21 lamenta a situación de contaxio na Residencia Paz Y Bien e desexa a pronta recuperación dos afectados.

Imaxe
C21 quere manifestar o seu pesar pola situación de contaxio na Residencia Paz Y Bien. José Palacín: “Desexamos a pronta recuperación de tódolos contaxiados e solicitamos axuda por parte das administracións e das autoridades sanitarias para que o virus non se expanda entre o resto dos residentes”.    Prensa.    Telemariñas     

C21 solicita a corrección da pendente do badén que se atopa na Rúa Ourense, no cruce ca Rúa Lugo.

Imaxe
O noso voceiro ven de solicitar por rexistro de entrada a rectificación da pendente do badén que se atopa na Rúa Ourense, concretamente diante da parada de autobús no cruce ca Rúa Lugo. Dito promontorio supón un trauma para os condutores de coches e motos debido a que o seu tremendo desnivel causa danos a os seus vehículos, aínda circulando a velocidade hiperreducida. C21 solicita a súa inmediata rectificación de pendente, dando así por reiniciada a súa campaña de Tui Seguro.   Prensa.    Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 7 de xaneiro de 2021.  Telemariñas Porriño Digital