Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

Intervención de José Palacín no punto 4 do Pleno Ordinario do mes de marzo. Novo recoñecemento extraxudicial de crédito a cargo do remanente de tesourería.

Imaxe
Intervención do noso concelleiro con motivo do punto nº 4 da orde do día do Pleno ordinario de Marzo. 4º.- Expediente 328/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Concelleira Delegada de Facenda, de data 15/03/2021, de aprobación de expediente número 1/2021 de recoñecemento extraxudicial de créditos.   Video.    

Converxencia 21 lamenta a exclusión dos comerciantes ambulantes das axudas para paliar os efectos económicos do COVID.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, ven de lamentarse de que as axudas expendidas polo Concello de Tui, con cargo a remanente e que foron aprobadas neste Pleno de marzo, non se estenderan, ademais de ao comercio e a hostalería, ao colectivo de comerciantes ambulantes, debido a que é un dos sectores máis afectados por esta situación pandémica. Esta liña de axudas ao comercio e a hostalería parte dunha moción presentada por C21 no Pleno Ordinario de xaneiro para que tódolos grupos se puxeran a estudar este rescate. En dita moción se incluía tamén ao comercio ambulante porque os liberais entendemos que sofren un dobre handicap: primeiro, a situación de restricións e crise, e segundo, a conxuntura negativa do traslado do Mercadillo do Xoves a periferia da cidade. Palacín explica que: “non se lle pode esixir ao comercio ambulante tanto sacrificio en aras da saúde pública do Concello e que logo non participe das axudas desta administración”, por iso considera indispensable que cara ao seguinte

C21 solicita que se arranxen os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local solucione os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño. Converxencia 21 vimos observando que sistematicamente, cas choivas, prodúcense acumulacións de auga contra determinadas zonas das beirarrúas debido ao mal funcionamento dos sumidoiros e pedimos unha solución debido a que moitos transeúntes saen salpicados polos vehículos ao seu paso, sobre todo nas inmediacións do Colexio Nº 1.  Dende C21 insistimos en que esta rúa necesita dunha reforma integral e solicitamos que sexa obxecto de investimentos por parte do Concello. Palacín afirma que: “Xa que a deficiente estrutura orzamentaria dos novos presupostos do Goberno impiden calquera actuación con fondos propios, polo menos que se acometa unha instancia a Deputación para incluír o arranxo desta rúa no Plan Concellos”.    Prensa Porriño Digital  Infomiño  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 15 de marzo de 2021.   

C21 solicita que se retire o enmarañado de cables eléctricos da Casa de Salomón.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local xestione, a retirada da maraña de cables que afea a fachada da Casa de Salomón, sempre dentro da medida do posible. Dende C21 consideramos que existen outros medios de conducir o cableado eléctrico sen que cause este brutal impacto físico e estético sobre un dos edificios mais emblemáticos do patrimonio tudense, especialmente valorado e admirado dende que Tui forma parte da Rede de Xuderías de España, fito logrado baixo a éxida de C21. Os liberais vimos solicitando por rexistro de entrada a paulatina liquidación destes elementos de feísmo por todo o Centro Histórico, de momento con escasa dilixencia por parte do Executivo.   Prensa.   Info Miño   Porriño Digital   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 03/03/2021