Discurso integro de José Palacín con motivo do Punto Nº 2 do este pleno de maio: Parking soterrado da Área Panorámica.

Punto 2. Expediente 2705/2019. Adjudicación expediente de concesión obra pública. Sr. Alcalde, grazas pola palabra, saúdos a cidadanía de Tui, tamén as persoas que lexitimamente están a manifestarse na Praza do Concello e o noso agradecemento a Radio Municipal pola súa cobertura. Atopámonos ante un momento crucial na historia de Tui, e neste asunto os liberais, ao contrario do que fixeron vostedes como partidos da oposición cando nos eramos goberno, non vamos a facer demagoxia, non vamos caer nunha débeda ca hemeroteca. Pode ser que as nosas propostas, tanto no pasado como no presente, non foran perfectas, podemos equivocarnos, ninguén posúe o monopolio da verdade, pero voulles a garantir varias cousas: Sr. Alcalde, vostede publicamente acusa a oposición de crear confusión, de soliviatar a opinión pública, de obstrucionismo e de actuar con odio político co tema do parking. Mire, de boa fe, esta oposición solicitoulle en anteriores plenos deixar este asunto sobre a mesa durante un pa