Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2021

C21 solicita a reposición por roubo dun espello na Rúa Porteliña en Pazos de Reis e patrullas da Policia Local nas parroquias.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, dentro da campaña #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada a reposición dun espello no primeiro cruce da Rúa Porteliña, en Pazos de Reis, cerca do cruceiro. Este espello foi obxecto de roubo este fin de semana e a veciñanza necesita dese elemento pola escasa visibilidade da saída nesa vía, con precedentes de accidentes. Palacín reclama civismo ante este tipo de actos e solicita ao Goberno Local que se esforce na mellora da situación da Policía Local en aras da vixilancia nas parroquias.   Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 30706/2021   Porriño Digital  

Entrevista a José Palacín, metade do mandato 2019 - 2023 en Adiante Galicia.

Imaxe
Hoxe o noso concelleiro, José Palacín, mantivo unha entrevista ao outro lado da liña co gran periodista, Xose Manuel Lema de Adiante Galicia para valorar a situación de Tui a metade do mandato 2019 - 2023. Gracias a Xosé Manuel Lema por esta oportunidade. Enlace     

A inciativa de C21 de asegurar e adecentar o Edificio da Rúa Concordia 47 vai cara adiante.

Imaxe
O noso concelleiro, ven de congratularse de que, por fin, o Goberno Local asuma os traballos de adecentamento do edificio da Rúa Concordia nº 47, (antigas instalacións de Cam-Fram), o cal entrañaba un foco de perigo, sobre todo debido aos cristais rotos colgantes e que supoñía unha imaxe espantosa en plena entrada de Tui. Esta iniciativa procede dun rexistro de entrada de Converxencia 21, concretamente do día 12 de decembro de 2019, no que C21 pedía no marco da súa campaña #tuiseguro, que se actuara, precisamente, na seguridade do perimetrado e se retiraran os cristais de dentro do edificio, insistindo posteriormente sobre a mesma cuestión durante varias sesións plenarias. Cara ao futuro, onde este edificio acadará a súa funcionalidade, José Palacín pide: “Reflexión e diálogo ao Goberno Local ao respecto das decisións que se tomen no movemento de pezas e a utilización dos edificios públicos porque o sucedido co parking é un exemplo de hipoteca asumida unilateralmente por un Goberno

Entrevista a José Palacín na CADENA SER - Baixo Miño

Imaxe
Entrevista ao noso voceiro e concelleiro, José Palacín, na CADENA SER - BAIXO MIÑO. Moitas grazas Marcial. 30 segundos de música. 

C21 solicita actuar nos sumidoiros das Rúas Maristas e Ourense debido ao mal cheiro que emanan.

Imaxe
O noso concelleiro acaba de introducir por rexistro de entrada unha petición para que se radiquen os malos cheiros nas rúas Maristas e Ourense. Xa fai algún tempo C21 comunicou ao Goberno Local que se actuase nos sumidoiros da Rúa Maristas, na contorna do mercado, debido aos olores que emanaban, pero lamentablemente o problema, lonxe de solucionarse, continúa e expandido ata a Rúa Ourense, o cal propicia as lóxicas queixas dos veciños e dos comerciantes. C21 solicitamos que se estude as razóns desta anomalía, e que en todo caso, se limpen as cloacas.    Prensa.    Telemariñas   Porriño Digital   Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 17/06/2021

C21 Aclara o asunto do Food Truck de Ribadelouro.

Imaxe
Ante o feito de que por sentenza xudicial o Concello de Tui ten que facer fronte a un pago de 4.500 euros debido a os feitos sucedidos en 2018, sendo Alcalde D. Carlos Vázquez Padín, ao conceder licenza a unha caravana Food Truck en Ribadelouro, e cinco días despois revocala, C21 pasa a aclarar a cuestión. Primeiro, e ante todo, C21 respecta e acata as decisións xudiciais, e segundo, por principios, os liberais non obstaculizamos aos emprendedores e somos dilixentes autorizando actividades económicas, sobre todo si contamos con funcionarios eficientes como foi o caso de quen tramitou este expediente. Ante a solicitude dun emprendedor para montar un negocio no entorno da Ponte das Febres, no Camiño de Santiago, a persoa funcionaria preguntou na Dirección Xeral de Patrimonio (Xunta de Galicia) se había algún problema e contestáronlle que non. Polo tanto, ante a aparente ausencia de obstáculos xurídicos, o Sr. Alcalde, concedeu dita licenza de actividade, con celeridade e como era a s

C21 lamenta o abandono dos traballos de implantación das infraestruturas da fibra aérea nas parroquias de Tui, preguntará as razóns e esixe unha inmediata solución.

Imaxe
  O noso voceiro, José Palacín, preguntará proximamente e de forma oficial as razóns do abandono dos traballos de implantación da fibra aérea por parte de Telefónica España. C21 considera esta marcha da multinacional como unha responsabilidade conxunta das concellerías de Urbanismo y de Novas Tecnoloxías. Precisamente o titular desta última área, D. Laureano Alonso, prometía en febreiro deste ano a inmediata dispoñibilidade deste servizo para Paramos, Areas o Baldráns, así como para os barrios pendentes nas demais parroquias, sen embargo, por cuestións sobre as que C21 pedirá explicacións, este proxecto foi abortado. Telefónica sigue despregando a fibra por Galicia, co obxectivo de que en 2025 o 100% dos galegos dispoñan desta cobertura. Nos inicios de 2021 alcanzáronse o 1.200.000 fogares e empresas, e o esforzo de investimento nesta materia por parte de Telefónica supera xa os 140 millóns de euros. Por suposto, esta modalidade de fibra estase artellando sen dificultades técnica

C21 solicitará ao Goberno Local que reclame ao Goberno Central o diñeiro do desentullo de Paramos.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, solicitará novamente no próximo pleno que o Goberno Local do Partido Socialista reclame o diñeiro que o Goberno de España lle debe ao Concello de Tui en concepto dos traballos de desentullo que a administración local adiantou no propio ano da traxedia. Palacín lembra que: "E n 2018 o anterior rexedor, D. Carlos Vázquez Padín, insistiu de forma determinativa no Ministerio de Política Territorial para que fora esta entidade a que abordase a xestión de forma directa, a conta de fondos estatais, pero finalmente foi o Concello o que se veu obrigado a adiantar a totalidade dese montante, 753.249,15 € (Base: 622.519,96 €; IVE: 130.729,19 €), comprometéndose o Estado a devolvelos en virtude do BOE do 23 de Xaneiro de 2019 polo cal o ámbito do Barrio da Torre de Paramos foi declarado “Zona Catastrófica”. C21 non comprendemos porque despois de tres anos dende a traxedia o Goberno de D. Pedro Sánchez Castejón aínda non ofreceu unha solución satisfactori