Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2021

Aprobada a Moción de C21 para solicitar ao Estado que reintegre ao Concello de Tui o montante polos traballos do desamiantado e do desentullo de Paramos.

Imaxe
Na última Sesión Plenaria prosperou por unanimidade a nosa moción pola cal se pediu que a Corporación que solicite ao Estado que reintegre ao Concello de Tui o montante polos traballos do desamiantado e do desentullo de Paramos. O noso concelleiro, José Palacín, defendeu o texto alegando que “é de xustiza recuperar estes cartos”, e sobre a presentación da moción indicaba que tiñan a obriga moral de “dar un paso adiante, porque fomos nós quen xestionamos toda a documentación relacionada con este concerto do Estado”. Tamén considera que “até o de agora o papel do goberno central neste asunto é moi desafortunado” indicando que no seu parecer “se está a comportar coma unha compañía de seguros barata que fai trampeos nas súas pólizas para evitar pagar o sinistro”. Apuntaba que xa cando Carlos Vázquez Padín era alcalde se remitiu toda a documentación polo que indica que “isto tiña que estar solucionado”. Amosaba o seu respaldo ao alcalde neste asunto para recuperar unha cantidade que represe...

C21 fai súa e defende en Pleno a Moción da Asociación Transmiño polos dereitos das persoas LGTBIQ+

Imaxe
Durante a consecución do Pleno de onte o noso concelleiro, José Palacín, tivo o honor de defender unha moción da asociación Transmiño cuxo Presidente é D. Xermán Cordero Verde. Con este motivo, o noso representante institucional realizou as seguintes declaracións: "Foi un honor defender a liberdade e os dereitos individuais que se contiñan substanciados nesta maravillosa e imprescindible moción... Grazas por transladarma, coñecedores da miña traxectoria, confiástedes en min e nos liberais de Tui. Agardamos haber estado a altura. Darémolo todo ata a total conquista dos vosos dereitos. A continuación deixamos o texto do documento que foi aprobado pola unanimidade do Pleno.   

C21 lamenta que o Goberno Local vaia tan atrasado na asignación dos horarios dos pavillóns polideportivos.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, lamenta que dende a Concellería de Deportes non se solucionara aínda a xestión e a comunicación dos horarios de uso dos pavillóns polideportivos. Converxencia 21 consideramos que este retraso xera inquietude nos clubs polo feito de que moitos non poden planificar de forma axeitada os adestramentos e a próxima tempada, e do mesmo tempo pódese perder a coordinación do deporte como actividade extraescolar. Os liberais pidimos presteza, un sistema de reparto obxectivo e regulado e moita pedagoxía e diálogo para evitar problemas como os que se orixinaron na pasada edición. Prensa Porriño Digital Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 16 de Xullo de 2021 Infomiño

C21 lamenta que no casco histórico se atopen constantemente feces de cans e pide unha solución.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, acaba de informar ao Goberno Local, e por rexistro de entrada, que o casco histórico atópase salpicado de feces caninas o cal supón un deterioro da  imaxe turística na contorna e unha molestia e un foco de insalubridade para os veciños.  Converxencia 21 leva recibido queixas dos transeúntes e residentes, e polo tanto, pide mais vixilancia para advertir aos que non compren as normas e maiores infraccións para os que persistan nesta mala praxe.  Prensa Telemariñas Porriño Digital Radio Municipal de Tui / Noticias 13,30 do día 14/07/2021   

C21 - Tui celebra o seu I Congreso Local.

Imaxe
O Concelleiro, José Palacín, dirixirá o partido. Hoxe, día 10 de Xullo, C21 - Tui celebrou o seu I Congreso Local. O acto tivo lugar na parroquia de Ribadelouro, con estricta participación da afiliación debido a situación do COVID.  Os obxectivos deste Congreso eran aprobar o Regulamento de Organización e Protocolo e a elección do Secretario Local e da súa Executiva.  Neste último apartado subliñar que ó concelleiro, José Palacín, foi elixido Secretario Local por unanimidade e este a súa vez propuxo o seguinte equipo:  A) VICESECRETARÍA E SUBSECRETARÍAS EXECUTIVAS. VICESECRETARIA LOCAL E SUBSECRETARIA DE ORGANIZACIÓN. (Custodia de Actas, Finanzas, Afiliación e Organización de Eventos) Mónica Romero González. SUBSECRETARÍA 1ª. (Acción Política e Acción Cidadá, Coordinadora Electoral e Organización de Eventos) Áurea Fernández Fernández. SUBSECRETARÍA 2ª. (Expansión, Sociedade e Defensa do Afiliado) Sonia Santos Ferreira. 2) SUBSECRETARÍAS DE ASUNTOS INSTITUCIONAIS. SU...

C21 solicita que o Goberno Local xestione a reposición dunha sinal turística deteriorada a entrada de Tui, na N-550.

Imaxe
O noso concelleiro ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local xestione o cambio dunha sinal turística que representa a Catedral de Tui. Dita sinalización atópase absolutamente deteriorada porque o debuxo do monumento presenta un desgaste de cor que non permite discernir a imaxe, o cal da unha sensación de desleixo e falta de sensibilidade pola promoción turística. Do mesmo modo, os liberais pedimos o cambio da sinal, xa de competencia municipal, que indica o nome da parroquia de Rebordáns e que se atopa no cruce entre a mesma N-550 e a propia estrada a Rebordáns.    Prensa.    Telemariñas   Porriño Digital   Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 h do día 07/07/2021         

C21 congratúlase pola finalización do seus proxectos do Plan Concellos.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, ven de congratularse pola finalización de tres proxectos no eido da educación e ocio que o Goberno de C21, concretamente baixo a dirección da exconcelleira Mila González Monteiro, artellaran ao abeiro do Plan Concellos 2019.   Trátase da reforma de espazos lúdicos como o parque ao lado do colexio de Guillarei, así como o recreo do CEIP de Rebordáns e o do CRA das Bornetas, que ven xestionando o Goberno do Partido Socialista dende 2019. C21 consideramos cos resultados de tódolos proxectos deseñados polo Goberno de Carlos Vázquez Padín son espléndidos, por iso invita ao Goberno Actual a seguilos con fidelidade e non estragalos como fixeron co Parque de Areas ou sinxelamente facelos desaparecer como no caso do anteproxecto da Área Panorámica, do Xardín de Santo Domingo, das Luminarias do Centro Histórico e outros moitos de gran calidade, utilidade e custe racional fronte a despilfarros como a perigosa rotonda de Guillarei, encargada polo ...