C21 lamenta que no casco histórico se atopen constantemente feces de cans e pide unha solución.

O noso concelleiro, José Palacín, acaba de informar ao Goberno Local, e por rexistro de entrada, que o casco histórico atópase salpicado de feces caninas o cal supón un deterioro da  imaxe turística na contorna e unha molestia e un foco de insalubridade para os veciños. 

Converxencia 21 leva recibido queixas dos transeúntes e residentes, e polo tanto, pide mais vixilancia para advertir aos que non compren as normas e maiores infraccións para os que persistan nesta mala praxe. 

Prensa

Telemariñas

Porriño Digital

Radio Municipal de Tui / Noticias 13,30 do día 14/07/2021 

 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.