Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2021

C21 - Tui reforza comunicación e imaxe.

Imaxe
Coincidindo co inicio do curso político, C21 aborda a mellora dos procesos de comunicación e reforza a sua imaxe. Por unha banda o noso blog terá un dominio específico c21tui.com e por outro lado poñemos a desposición da cidadanía un correo electrónico especial info@c21tui.com para atender ao público, iso sen obviar as citas presenciais no despacho de C21 no Concello que se manteñen os xoves pola mañá.   Por suposto, todo isto virá acompañado dun notable incremento da actividade en eidos como a seguridade e limpeza co noso programa #tuiseguro, patrimonio e turismo, economía e asuntos sociais, comercio hostalería, mercado e emprego, tráfico, deporte e cultura, etc... e con un novo elemento de comunicación que consistirá en lanzar videos con algúns asuntos de interese xeral.  Tamén adiantar que o Congreso de Converxencia 21 a nivel de Galicia celebrarase seguramente en setembro e iso, a súa vez, dará un impulso ao partido a nivel local.

Video da intervención de José Palacín C21 Ordenanza Axudas Área de Rehabilitación do Centro Histórico

Imaxe
Votamos a favor do punto "Ordenanza para acceder as axudas da rehabilitación no ARI", sen embargo, facemos fincapé na excesiva burocratización dos procedementos, da inapelable dependencia das subvencións debido ao sistema viciado latente nas institucións públicas, entes que afogan aos particulares e a iniciativa privada e do erro estratéxico do Goberno Actual ao respecto do seu concepto do papel do Casco Histórico dentro da cidade.    Vídeo