C21 solicita a reparación dun punto de luz e o asfaltado nun camiño no barrio de Bouzabalada, parroquia de Areas.


O noso concelleiro, José Palacín, dentro da nosa campaña #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada o arranxo dun punto de luz e a mellora do asfaltado nun camiño que intersecciona ca PO-552, no barrio de Bouzabalada, na parroquia de Areas.

A veciñanza queixase da escasa visibilidade debido a que a única luminaria dese camiño atópase fundida e na estrada xeral, xusto nese punto, non hai luz.

Por outra banda, C21 solicitamos a mellora do asfalto alomenos nos primeiros 500 metros de dito camiño, debido a que se atopa moi bachado por efecto das choivas.
 
Prensa
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.