Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2021

C21 solicita que se mova o panel de publicidade do cruce da Rúa Maristas con Rúa Ourense por impedir a correcta visibilidade.

Imaxe
O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada que se mova máis para atrás o panel de publicidade que se atopa na intersección das rúas Ourense e Maristas porque impide a correcta visibilidade nese cruce. Segundo José Palacín: “Xa son moitos os condutores que se veñen queixando deste feito da falla de visibilidade, e o domingo, día 28, ocorreu un accidente moi aparatoso xusto nese tramo, co cal entendemos que este gran cartel necesita dun cambio de ubicación e por iso pedimos ao Sr. Concelleiro de Seguridade e Tráfico que lle busque acomodo, aínda que non lonxe dese lugar porque os veciños da zona utilizan o aparello para a reciclaxe das pilas”. Dende Converxencia 21 aproveitamos esta cuestión relacionada co tráfico para lembrar que o Goberno Local acaba de implantar que por decreto se poidan converter 16 rúas de Tui en Zona Azul.     Prensa.   Telemariñas   Porriño Digital Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 10 de novembro de 2021.

Intervención do voceiro de C21, José Palacín. Asunto: Conversión de 21 rúas de Tui en Zona Azul.

Imaxe
  Ver video en you Tube.

C21 solicita o arranxo do tobogán do parque de Rebordáns.

Imaxe
  Dentro da nosa campaña #tuiseguro, C21 continúamos interesándonos pola seguridade dos parques infantís. Concretamente, os liberais acabamos de introducir por rexistro de entrada un aviso ca situación de precariedade do tobogán do parque en fronte do colexio de Rebordáns, porque segundo o noso voceiro, José Palacín: “Este elemento sofre unha tara na súa estrutura que co tempo podería levalo ao derrube, ademais de atoparse en mal estado de conservación, sobre todo os elementos de madeira”. Por iso o voceiro de Converxencia 21 solicita a máis inmediata revisión. Palacín considera que: “A pesares do enorme gasto no que incorre este Goberno en materia de parques e xardíns, a seguridade segue a ser unha asignatura pendente porque falta a cultura do mantemento”, e lembra que o Goberno de C21 foi o primeiro na historia de Tui en contratar un servizo de conservación para os compoñentes dos parques.    Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 19/11/2021 ...

C21 considera que o Goberno utilizou de forma pouco ortodoxa a web do Concello con motivo do asunto da taxa do lixo.

Imaxe
Os liberais tamén expresamos que: “Os tempos da emisión do comunicado da web denotan unha certa indolencia cara a resolver o “taxazo” contra a hostalería”.     O noso voceiro acaba de manifestarse sobre o comunicado emitido polo Goberno Local na web do Concello de Tui, acerca do asunto da ordenanza fiscal da recollida do lixo, que para nos, os liberais, supón “un taxazo que afecta de forma ignominiosa aos hoteis de Tui”. José Palacín declara que: “O Goberno Local ten todo o dereito a defender a súa posición, pero debe ser máis pulcro co uso dos medios de comunicación do Concello porque a súa web é unha páxina institucional, e ao noso entender, parte da redacción do comunicado contén elementos pouco ortodoxos”. Por outra banda, para Converxencia 21: “Os tempos da emisión deste comunicado denotan unha certa indolencia política por parte do Goberno cara a resolver este grave asunto porque C21 viña de presentar o pasado xoves, día 10, as 12,52 horas, un rexistro de entrad...

C21 insta ao Goberno Local a realizar un estudo da situación do tráfico na recollida do alumnado do Colexio Maristas.

Imaxe
  Dentro do nosa campaña #tuiseguro e ante a traxedia acaecida no Colexio Fomento Montealto de Madrid, e que lamentablemente acabou cun atropelo mortal, os liberais acabamos de solicitar por rexistro de entrada e ao Goberno Local, que recolla os preceptivos informes da Policía co obxecto de realizar unha diagnose da situación do tráfico á entrada e á saída do alumnado no Colexio Maristas. Isto débese a puntual pero altísima concentración e caótica circulación dos vehículos a esas horas punta. A seguridade da infancia, sobre todo nos centros educativos, é un asunto vital para Converxencia 21, de feito o noso voceiro, José Palacín, xa solicitará previamente a corrección da situación derivada da circulación perigosa diante do Colexio Público Nº 1, sen aínda solución satisfactoria por parte do Executivo, ademais tamén pediu en varias ocasións “a mellora das infraestruturas anexas a este centro, viables a partir dun proxecto de ampliación no que xa traballara o primeiro Goberno de E...