Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

Converxencia 21 solicita que se aseguren mellor os elementos decorativos de Nadal.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, acaba de introducir un rexistro de entrada no que solicita ao Goberno Local que se aseguren mellor os elementos decorativos do Nadal que se atopan nas rúas de Tui, en referencia a caída da estrutura decorativa da Praza de San Fernando durante a pasada noite. Dende C21 comprendemos que “é tempo de temporais e cas decoracións están a intemperie, pero con máis razón para aseguralas e así evitar co vento as desprace e que se poda xerar algunha desgracia persoal ou algún dano patrimonial”.    Prensa Telemariñas Infomiño Radio Municipal de Tui. Notocias 13.30 do día 13 de Decembro de 2022.  

Converxencia 21 considera que alumeado de Nadal en Tui chega tarde.

Imaxe
  O noso voceiro do partido liberal, José Palacín, considera inadmisible que se retrase a inauguración do alumeado de Nadal para despois da Ponte da Constitución. Os centristas afirmamos que se prexudicou de forma notable ao comercio e a hostalería locais, ademais da imaxe de Tui. Para Palacín: “O que se atopa o visitante que ven a nosa cidade son unhas luces cavernarias e tétricas” Para C21, as luces debían estar en funcionamento antes da Ponte da Constitución porque miles de persoas veñen a ver as luces de Vigo, que xa está a tope de ocupación hoteleira, e moitos destes turistas poderían aproveitar a viaxe para pernoctar en Tui e coñecer a beleza do seu patrimonio e a calidade do seu comercio e gastronomía, pero atópanse con un lugar lúgubre e desleixado. O máis irónico do asunto para o nos concelleiro é que: “Este goberno atrévese a inaugurar un Mercado de Nadal nestas condicións lamentables de falta de imaxe navideña”.    Prensa Faro de Vigo Telemariñas Radio Municipal de Tui. Not

O VI Congreso de Converxencia 21 celebrado en Tui proclama Presidente a José Palacín.

Imaxe
    O pasado sábado celebramos na Sala Félix do Área Panorámica (Tui) o noso VI Congreso Nacional. En medio do caos circulatorio polo corte da Autovía A-55, o que impediu chegar a algúns compromisarios, este VI Congreso afrontou unha profunda reforma estatutaria e renovou os cargos de dirección. No primeiro aspecto, subliñar que C21 apostou por sacar adiante uns principios ideolóxicos moito máis centrados no servizo á persoa, á sociedade civil e á democracia participativa, así como a reformular o corpus xurídico e organizativo da formación. Respecto da dirección, o máis salientable foi a elección unánime de José Manuel Palacín como novo Presidente Nacional, en substitución do avogado lucense Xaime Requeixo de quen todos destacamos a súa extraordinaria labor. Carlos Vázquez Padín, o noso Presidente Fundador, foi aclamado como Presidente de Honra. Palacín destacou que se abre un novo tempo para os liberais de Galicia, con dúas fases de actuación, unha ata as Municipais do 2023, na que se

C21 pide ao Goberno que se preocupe polo estado da rede de sumidoiros.

Imaxe
  O noso concelleiro volve a insistir ao Goberno Local en que se debe revisar e manter en mellor estado a rede de sumidoiros de Tui e das súas parroquias. Para José Palacín: “Ante a chegada das choivas demostrouse a escasa actuación do Goberno neste ámbito, ben solicitando ao Consorcio o investimento que lle corresponde para o mantemento da rede, ou ben traballando de forma directa no desatasco de moitas alcantarillas e canalizacións, comezando polo Casco Histórico e determinadas rúas do centro onde C21 xa ven advertindo de malos cheiros e de atascos visibles en verán, e agora de desbordamentos e riadas”.  Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 8 de novembro de 2022.    

C21 solicita o inmediato arranxo do empedrado na Rúa Bispo Lago.

Imaxe
  O noso concelleiro, dentro do plan de actuación #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada que se arranxe o empedrado que está levantado ao comezo da Rúa Bispo Lago, onde se produciron xa varios tropezóns e caídas. José Palacín explica que en xeral se está a xerar un levantamento masivo de lousas nesa rúa pero que é ao comezo onde se soltaron totalmente e se necesita actuar con máxima urxencia. Do mesmo modo, tamén pide que se lle vote unha ollada ao chan da rúa lateral de Bispo Lago, cara ao casco histórico, onde faltan pedras e pode producirse unha descomposición do firme que debe evitarse con prevención.    Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 8 de novembro de 2022  

C21 felicita a Policía Local e a Protección Civil de Tui polas medallas recibidas.

Imaxe
C21 ven de manifestar o seu orgullo debido as sendas medallas recibidas por unha banda, pola Policía Local, neste caso, a máis alta distinción que outorga a Xunta de Galicia, a Medalla ao Mérito Policial, que foi entregada fai unhas semanas, e a recente acadada por Protección Civil de Tui na sede da Academia de Seguridade Pública. C21 quere recoñecer a labor inxente destes dous corpos que defenden a seguridade e a integridade física da cidadanía e que son un baluarte institucional e social de primeira orde. No caso da Policía Local, subliñar que o voceiro de C21, José Palacín, ven manifestando “a necesidade de dotala de tódolos medios precisos, comezando por unha comisaría en condicións, e que se debe reforzar a plantilla para cubrir de forma contundente o seu servizo de protección cidadá, tal como corresponde ao nivel de profesionalidade das persoas que integran este corpo, e respecto de Protección Civil, lembra que foi o Goberno de C21, rexido por Carlos Vázquez Padín, e baixo a supe

C21 solicita varios arranxos do pavimento polo centro de Tui.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, dentro do Plan #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada e nas áreas de Vías e Obras e de Parques e xardíns, algúns pequenos arranxos como poden ser: repoñer a ausencia de pezas de pedra na zona que percorre a intersección entre as rúas Maristas e Betanzos, do mesmo modo, a reparación dun socavón debido ao afundimento dunha arqueta na Travesía de Santo Domingo, ou o derrumbe da balaustrada preto dos Xardíns de Troncoso, isto último por causa dos temporais destes últimos días. Da mesma forma, lembra co Goberno ten sen executar o arranxo de baldosíns na Avda. de Portugal, posto que estes atópanse totalmente levantados e iso que esta intervención pediuse fai meses por parte dos liberais. C21 tomou a decisión de continuar co Plan #tuiseguro ata o final do mandato e pide máxima receptividade por parte do Goberno.   Prensa   Telemariñas   Radio Municipal de  Tui. Noticias 13,30 do día 31 de Outubro de 2022.  

C21 solicita máis actividades culturais e lúdicas para os nenos e que Tui se converta en Cidade Amiga da Infancia.

Imaxe
  Os liberais de Converxencia 21 solicitaremos no próximo Pleno que Tui se adhira ao Foro de Cidades Amigas da Infancia, un proxecto auspiciado por UNICEF e que busca a participación infantil e adolescente como un proceso no que os nenos e adolescentes exerciten ese dereito a participación interactuando con outras persoas do seu entorno e tratando temas que afectan a súas condicións de vida individuais e colectivas, mais tendo en conta que este é un propósito da Axenda Urbana aprobado en Sesión Plenaria co apoio de C21. Do mesmo modo, o concelleiro da nosa formación, José Palacín, reclama máis actividades lúdicas e culturais para os menores, por iso pensa que habería que promocionar a pintura e escultura, a danza, a música, o cine ou o teatro, así como potenciar circuítos como "Caverna do Terror", “Maxia na Rúa”, ou incluír en algúns festivais consolidados programación específica infantil e para adolescentes. Do mesmo modo, C21 somos partidarios de implantar eventos como o q