C21 valora positivamente a apertura da nova Oficina de Turismo e solicita que se incida en promover o coñecemento da súa localización.

Os liberais de Tui consideramos ca nova Oficina de Turismo pode ser un acicate para a mellora do servizo ofertado por este sector.

José Palacín, quen asistiu a inauguración das dependencias, na Corredoira, considera que o edificio atópase nun lugar privilexiado e que contén a estética axeitada, a cal ven determinada pola inclusión de Tui no Proxecto Río Miño Navegable que se iniciara baixo o mandato do noso Goberno, entre 2017 e 2019, trala reunión entre D. Carlos Vázquez Padín e D. Arturo Grandal, ideólogo e impulsor do proxecto.

Converxencia 21 consideramos que a materia pendente respecto a este edificio é a indicación da súa ubicación por medio de unha sinaléctica clara e infalible e da xeolocalización nos mapas físicos e tecnolóxicos, debido a que a oficina non se atopa dentro da ruta do Camiño de Santiago.

Por outra banda, C21 solicitamos que neste ámbito se destaque con máis presenza a pertenza de Tui a Rede de Xuderías de España, para Palacín: “Un dos maiores potenciais culturais e turísticos da cidade, cuxa inclusión tamén foi obra do Goberno da nosa formación”.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.