C21 volve a solicitar a volta do Mercado do Xoves para a Corredoira e a súa contorna.

A Corredoira un xoves as 11.30 h. C21 insistimos en que o tradicional Mercadillo do Xoves debe voltar a Corredoira e a algunha das súas rúas limítrofes como cara ao interior de Rosa Bahamonde. Converxencia 21 apoiou no seu día o traslado do mercado a zona de Camfran por motivos do COVID, en tanto en canto durase o Estado de Alarma e o máis duro da crise sanitaria, pero para o noso concelleiro: “Isto xa rematou fai tempo e o Goberno Local continúa a condenar de inanición aos comerciantes ambulantes e a unha peregrinación absurda ao usuarios deste tradicional mercado” De feito, C21 xa impulsou un Pleno Extraordinario para tratar este asunto e pediu o regreso do mercadillo a Corredoira en duas ocasións mais mediante rogos en sesión plenaria e notas de prensa. Palacín afirma que de maneira informal acaba de realizar unha proposta ao Alcalde para recolocar o mercadillo ao longo de toda a Corredoira ata o final da Rúa Calvo Sotelo, pero so nunha fila e deixando corredores colaterais e