Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

C21 pide ao Goberno o desatascado dos sumidoiros da Rúa Piñeiro.

Imaxe
  Converxencia 21 acaba de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo a limpeza dos sumidoiros que se atopan na baixada da Rúa Piñeiro. Nesta zona e en moitos tramos das rúas do casco histórico o alcantarillado atópase sen o mantemento axeitado e por iso é necesario levar a cabo unha revisión e unha limpeza a fin de que si veñen choivas de final de primavera e comezos do verán non se produzan inundacións por falla de absorción de ditos sumidoiros. José Palacín explica que a pesares do gasto inxente do Goberno neste último expediente de crédito, máis de 700.000 euros, quedan demasiadas cousas básicas por abordar por ausencia de optimización e o asunto do alcantarillado é clave para non sufrir danos e perdas en caso de choivas torrenciais.    Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 10/05/2022   Telemariñas 

C21 solicita que se pinte a praza de aparcamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida na rúa O Rosal.

Imaxe
  Converxencia 21 acabamos de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo o pintado da praza de aparcamento para vehículos de persoas con mobilidade reducida que se atopa na Rúa o Rosal. O noso voceiro, José Palacín, considera que: “O firme desa rúa en xeral presenta mal aspecto e que carece da sinalización de pintura adecuada pero o máis salientable é que a praza de minusválidos practicamente non se distingue, por iso pedimos pintala axeitadamente”. Do mesmo modo, Palacín explica que: “É necesario elaborar uns novos orzamentos, pero que, si esta obra se realiza con cargo ao remanente líquido de tesourería, se deben presentar as facturas derivadas dos traballos de forma preceptiva, segundo marca o lei de contratos do sector público, e que así non suceda o que ven acaecendo de forma sistemática cada vez que este Goberno introduce un expediente de crédito extraordinario”.   Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 6 de Maio de 2022.   Telemariñas