C21 solicita ao Goberno un paso de cebra con badén na Rúa Augusto González Besada.

 


O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se artelle un baden no paso de cebra da Rúa Augusto González Besada, a saída da Praza da Inmaculada. O cambio de altura que se dá ao entrar na rúa dende a beirarrúa supón un problema para as persoas con deficiencias de mobilidade e varios transeúntes levan tropezado nese lugar.

C21 é coñecedor de que o Goberno socialista ten proxectado a humanización desta rúa pero os liberais non compartimos nin aceptamos dito proxecto en tanto en canto non se arranxe o problema do aparcamento, se aperture a rúa Ourense e se realice un estudo de impacto de dita humanización sobre o comercio, a hostalería, o tráfico e sobre a vida das persoas.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.