C21 considera absolutamente improcedente a obra de pavimentación de Antero Rubín.
Os liberais vimos de mostrar a nosa desconformidade ca actuación que se está a desenrolar no ámbito de Antero Rubín, concretamente na súa intersección cas rúas Baixada de A Mariña e Bispo Lago, onde se retirou o empedrado nun tramo de uns 50 metros para dispoñer unha superficie de formigón. Converxencia 21 consideramos inadmisible a retirada das nobres lousas de pedra, aínda que se redistribuia por outros espazos desa rúa, e afirma que: “De feito, en 2018, baixo o Goberno do Sr. Padín e durante unha visita de expertas en patrimonio, este firme da antesala do Casco Histórico foi louvado e considerado espazo a preservar”. José Palacín di tamén que revisará o proxecto para determinar o concepto de “canto rodado” que foi o que prometeu o Goberno como firme para esa rúa durante a Sesión Plenaria no que se tratou o asunto, porque (afirma Palacín): “Ao meu xuízo a cantidade de canto rodado resulta anecdótica en comparación do que destaca o formigón”. Por outra banda, C21 pide a inmediata ret