C21 solicita ao Concello que pida a Costas limpar os troncos que se acumulan contra o Pantalán da Mariña.

 

O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada un escrito no cal pide ao Goberno Local que avise a Costas do Estado que no Pantalán da Mariña, fronte ao paseo fluvial do Río Miño, ao seu paso por Tui, se veñen acumulando troncos, maleza e outros restos das riadas acaecidas nestas últimas semanas, e que solicite unha limpeza.

Palacín explica, que abordar este asunto ten certa urxencia porque o embarcadoiro está a recibir unha forte presión de todo ese material que non ten saída, e que outra riada pode facer perigar a integridade da estrutura, de feito o pantalán da veciña Salvaterra, sucumbiu a última acometida do rio.

Lembremos que o Concello de Tui leva investido tamén cantidades importantes dos seus recursos financeiros en reformar estas obras, fundamentais para dinamizar a actividade no rio, e que é importante preservalas, ao marxe do dano que se lle pode causar a propiedade privada, os barcos atracados.  

 

Prensa

Telemariñas

Infomiño 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 09/01/2023

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.