C21 esixe unha solución de aparcamento para os veciños do Barrio de Riomuiños.


O noso concelleiro, José Palacín, considera que a actuación levada a cabo no emblemático barrio de Riomuíños está ben concibida e executada dende o punto de vista arquitectónico pola súa adaptación ao entorno, de feito felicitou as empresas participantes no proxecto, pero ao tempo, afirma que o Goberno esqueceu unha necesidade básica para os veciños como é o aparcamento.

Para Palacín: “O Goberno actuou, unha vez máis, con ausencia de previsión por non procurar de forma previa a inauguración da obra unha alternativa para que os residentes podan aparcar. Non se deben desprezar as pedras como en Antero Rubín, pero tampouco veneralas a consta do sufrimento dos veciños como ocorre en Riomuiños”.

Os centristas solicitamos que se negocie un convenio para o uso como aparcadoiro de algún solar próximo, e o máis pronto posible, para que así, os residentes deste ámbito poidan gozar da calidade de vida previa as obras e que mentres tanto se procure unha solución transitoria.

Do mesmo modo, solicitamos intervencións en pequenas cuestións relacionadas ca seguridade en algún punto do barrio e fala da importancia de resolver a apertura da Rúa Videira como eixo de comunicación nun ámbito que corre o risco de quedar urbanisticamente illado, e que esta será unha das prioridades de C21 cara ao próximo mandato.


Prensa
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 17 de febreiro de 2023. 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?