Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2023

Valoración dos resultados electorais en Tui.

Imaxe
O Comité Executivo Local de C21 vimos de valorar os resultados electorais obtidos este pasado domingo en Tui como discretos. O noso partido obtivo 603 votos, o 6,39% do apoio popular e un representante no consistorio, José Palacín, que manterá a súa acta. Isto permitiranos catro anos máis de percorrido e de servizo público. Por suposto, partimos do agradecemento a esas persoas que confiaron en nós, ca firme promesa de non defraudar e de seguir traballando como ata agora. Tamén lamentamos non haber acadado a presidencia da Entidade Menor de Pazos de Reis por dous votos, a pesar da gran valía do equipo que se presentaba, liderado por Enrique Pérez. En todo caso. imos a aportar sentido común, equilibrio, construtividade e absoluta lealdade, pero tamén seremos fiscalizadores e críticos cando proceda. Unha vez felicitado ao PSOE, gañador dos comicios, e as demáis forzas que forman a Corporación (PP e BNG), facemos un chamamento oa entendemento entre as partes implicadas na gobernabilidade d