Converxencia 21 solicita a urxente reunión da Xunta de Voceiros para que o Alcalde de Tui explique a natureza xurídica e técnica do levantamento do firme en Antero Rubín e reclama novamente a reposición do empedrado orixinal

 


O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, acaba de remitir un rexistro de entrada á Alcaldía con obxecto de que reúna a Xunta de Voceiros da Corporación para explicarlles a natureza xurídica e técnica do levantamento do tramo en Antero Rubín que corresponde xusto ao que os liberais expresaron que se debería conservar en pedra cando o Goberno Socialista decidiu abordar a súa substitución por unha argamasa de cemento, fai agora pouco máis dun ano.

Palacín, apelando a lealdade institucional, quere darlle ao executivo a oportunidade de explicarse e por iso pide esta reunión, e si non se realiza, tentará procurar o apoio dos demais grupos para que se convoque un Pleno Extraordinario.

Lembremos que fai pouco máis dun ano leváronse a cabo as obras de remodelación das Rúas Antero Rubín e Coengo Valiño. Unha obra que C21 solicitara en numerosas ocasións co obxecto de sanear ditas vías e outorgarlles unha categoría digna do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui.

Sen embargo, unha das actuacións de esa obra no pavimento incluíu o levantamento de 50 metros do empedrado antigo en Antero Rubín, xusto entre as converxencia das rúas Rúa Bispo Lago e Baixada da Mariña.

Naquel entón, Palacín solicitou ao Goberno e por rexistro que se corrixira esa parte do proxecto que para a súa formación era unha aberración contra o patrimonio, e ante a negativa socialista, contactou con varias asociacións culturais galegas, españolas e internacionais defensoras do Camiño de Santiago e expresouse de forma moi activa, e en contra desa obra, en varios medios de comunicación.

Incluso tratou o asunto no Pleno seguinte, onde os liberais advertiron que representantes da Dirección Xeral de Patrimonio expresaran no seu día ao equipo de Goberno de Converxencia 21, co valor deste elemento empedrado era inestimable. Aínda así, o Goberno do PSOE obviou esta cuestión e decidiu seguir adiante cun proxecto que para José Palacín “desvirtuou un espazo emblemático”.

Nestes días observase que se está a producir un levantamento da calzada xusto nesa confluencia e C21 quere que de maneira urxente Enrique Cabaleiro reúna a Xunta de Voceiros para revelar a que se debe esta actuación e que explique tamén de forma detallada o proxecto desta remodelación, partindo da base de os liberais pensan que “as pedras arrancadas neste tramo deben volver a seu lugar orixinal”.


Publicacións populares deste blog

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.