Converxencia 21 considera que "efectivamente" o aparcamento está a converterse nun pelotazo financieiro e solicitoulle ao Alcalde someterse a unha cuestión de confianza. .

 


Na campaña das Eleccións Municipais do ano 2019 circulaba polas redes un vídeo no cal se observaba ao futuro Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresar que o aparcamento soterrado do Área Panorámica que plantexaba o Goberno de Carlos Vázquez Padín era un “pelotazo financeiro”, referíndose supostamente aos beneficios da empresa co executase e explotase.

Meses despois, o Goberno do PSOE – EN MAREA acababa aprobando un parking construtivamente semellante ao anteriormente deseñado ante o clamor social e a petición de reflexión por parte do conxunto da oposición.

O noso voceiro, José Palacín, explica que no pleno de habilitación de crédito do aparcamento, advertiu sobre o feito de que o Concello tivera que facerse cargo da reposición de servizos e construción de beirarrúas e sobre a cantidade asignada, pouco máis de 400.000.

Onte, en Pleno Extraordinario, despois de tres anos, o goberno socialista plantexou aos demais grupos corporativos a rescisión do contrato, por incapacidade orzamentaria do Concello para executar, precisamente, esa cláusula dos servizos, que se incrementan máis de un 500%, algo para C21 que demostra o nivel de improvisación e falla de transparencia do Goberno en todo o proceso.

Unha rescisión que, en todo caso, vai a custar como mínimo 140.000 euros, en concepto de indemnizacións á empresa adxudicataria, que ademais solicita outros dous millón de euros.

O voceiro de C21 considera que: “Efectivamente, ao final, produciuse un pelotazo financeiro porque sen que se coloque un ladrillo van a desaparecer das arcas públicas, como mínimo 140.000 euros”, e explica que todo isto tería que haberse previsto e que o único responsable político da catástrofe é o propio Alcalde co seu equipo.

Palacín preguntou, en virtude da documentación que obraba no pleno, si o Partido Socialista, sabía antes das eleccións que o parking non tiña solución de continuidade, e o Goberno non contestou a dita pregunta, que ademais o propio Palacín realizara en campaña. 

C21 consideramos que, si fora así, a proposta programática do PSOE, de construír o aparcamento soterrado, foi unha estafa e por iso pediulle ao rexedor que se sometera a unha cuestión de confianza amparado no apartado D) do artigo 197 da Lei Orgánica 5/1985, pero ningún grupo partido secundou aos liberais na petición e incluso o BNG apoiou ao Goberno, votando a favor da decisión da rescisión.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.