Converxencia 21 solicita a limpeza das beirarrúas da PO-404

 


O voceiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a limpeza da maleza nas beirarrúas da PO-404 ao seu paso por polas parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas. 

Os liberais formulan esta petición nun momento clave do ano para a Parroquia de Caldelas onde se celebrará a última semana do mes de agosto a Festa da Virxe da Rocha, pero entende que a limpeza das estradas e beirarrúas debe ser unha constante na que deben colaborar os sectores públicos, semipúblicos e privados, e cara a orzamento do 2025 plantexa un estudo dos custes da licitación deste servizo, aínda que sexa parcial. En todo caso, Palacín lembra que esta estrada é de titularidade autonómica e que o seu partido leva reclamando atención para este tramo, non so ao que se refire limpeza, senón seguridade, de feito xa presentou no mandato pasado unha moción para acometer determinados puntos negros en Paramos e Caldelas, ca máxima urxencia no percorrido de en fronte a estación de Os Baños.             

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.