Converxencia 21 solicita que se arranxen os desperfectos da beirarrúa en Martínez Padín.

 


O Concelleiro de C21, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se arranxen os desperfectos provocados por vehículos nos bordes da beirarrúa Martínez Padín, á altura do descampado xerado polo derrube dunha vivenda en estado ruinoso.

Palacín explica que ao abrirse este pequeno espazo, os coches tratan de aparcar e que ao remontar o borde da beirarrúa os adoquíns do límite da mesma ceden ata sufrir danos, sendo isto un perigo para vehículos e transeúntes.

Para os liberais esta circunstancia é unha mostra colateral mais da falta de aparcamento na cidade por culpa das políticas restritivas e da ausencia de xestión na finalización do aparcamento soterrado por parte do Goberno Local. “Os condutores aproveitan calquera recuncho”. Si ben Converxencia 21 fai un chamamento ao civismo.

Os centristas tratarán de que o Goberno os escoite nesta materia de aparcamento con motivo da seguinte negociación orzamentaria, a de 2025. Entre tanto, solicitan unha solución de reparación destas lousas desprendidas.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?