Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.

 


O Concelleiro de C21, José Palacín, ven avisando da mala situación do firme da Rúa Bispo Lago que presenta badéns, fendas e lousas levantadas produto de un afundimento progresivo. Ao abeiro da súa campaña #Tuiseguro, os liberais advertiron do inminente risco de accidente, a última vez, neste mes de marzo pero o Goberno Local non tomou cartas no asunto. 

Finalmente, onte produciuse a caída dun transeúnte, turista de Madrid, que acabou sendo atendido por lesións no Centro de Saúde e ao que se lle rompeu a pantalla do teléfono móbil. 

O concelleiro centrista explica que cando manda un rexistro de #Tuiseguro é porque advirte un risco real e que estas peticións deben ser atendidas de inmediato. Sen ir máis lonxe, antes do verán Palacín avisou da inminente caída das ramas dunha arbore en Areeiros e as dúas semanas unha pola colapsou, se ben di estar en xeral satisfeito ca actitude do Concelleiro de Obras, Rafael Estévez, pero ao mesmo tempo expresa que: “Debemos dotar máis orzamento para estas reparacións de emerxencia que ao final so causan desgustos e denuncias de responsabilidade patrimonial contra o Concello”. 

Por suposto, aproveita para denunciar de novo a falla de protección dos balados de Alvarez Blázquez. 

Palacín púxose en contacto co afectado que afortunadamente xa se atopa mellor.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?