“Tui: Baixo o Golden Eye recadatorio do Goberno Socialista”.

 

 

En Pleno Extraordinario, aproveitando que o PP estaba cun concelleiro menos e ca complicidade tácita do BNG, o Grupo de Goberno aprobou un novo sistema de fabricar infraccións no centro de Tui, por enriba ampliable a moitas máis rúas por decisión unilateral de Alcaldía.

Nestes termos expresábase o noso concelleiro, José Palacín, especialmente combativo co procedemento precipitado, por non haber tempo material para realizar as pertinentes consultas xurídicas é técnicas nun tema especialmente sensible como é a colocación de cámaras.

Os liberais consideramos unha ironía ata o preámbulo da ordenanza que afirma que: “o aparcamento no centro de Tui é un ben escaso”. Responde Palacín: “É un ben escaso porque o Goberno do PSOE liquidou centos de estacionamentos nestes últimos cinco anos, presentando como alternativa unha esperpéntica e fracasada licitación do Parking Soterrado que por enriba custou aos tudenses máis de 200.000 euros en indemnizacións”.

Tamén criticamos a imprudencia do Goberno ao fuxir cara a diante sen ter resolto o problema global do aparcamento, e sobre todo a terrible incomodidade que vai a xerar a ordenanza nos residentes que non teñen praza de garaxe o máis de un coche.

Este Goberno, repetimos, ca complicidade do BNG, ademais de subir dous impostos e unha taxa, a do lixo, nun so ano, pretende baleirar os petos dos tudenses por medio de multas debidas a un problema xerado por eles mesmos. Palacín conseguiu introducir no punto 5º unha emenda apoiada polo PP e BNG (grazas) para que alo menos os habitantes do Casco Histórico podan decidir en consulta popular entre control de acceso por pilonas, como ata agora, ou ser controlados con cámaras. O noso concelleiro di que o fará cumprir.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.