Converxencia 21 congratulase da devolución do millón de euros polo desentullo e desamiantado de Paramos.

 

Converxencia 21 amosamos a nosa satisfacción polo fallo da Audiencia Nacional a favor do Concello de Tui respecto do recurso contencioso-administrativo interposto contra o Ministerio de Interior reclamando o 1,2 millóns de euros do desentullo e o desamiantado do Barrio da Torre en Paramos trala explosión de 2018.

O voceiro dos liberais, José Palacín, afirma que, en gran parte, o resultado do xuízo foi  grazas á correcta actuación e xestión no trámite do Goberno de Converxencia 21 á hora de firmar e cumprir os requisitos do convenio firmado en 2018 – 2019 cos ministerios de Interior e Política Territorial.Tamén expresar que animamos ao Goberno a realizar a reclamación.

En todo caso, C21 tamén di estar satisfeito da decisión do Goberno actual de reclamar o montante e felicita aos servizos xurídicos do Concello e aos órganos de decisión no contencioso, porque, para Palacín, “está era unha causa xusta”, pero advirte que aínda pode quedar un camiño longo por andar posto que contra esta decisión cabe recurso de casación.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.