Publicacións

C21 congratúlase do éxito do Tui Emprégate 2018 - 2019.

Imaxe
C21 quere felicitar a todos aqueles que conseguiron un posto de traballo ou iniciaron un proxecto empresarial autónomo tras rematar o Programa Tui Emprégate 2018 - 2019, un programa iniciado polo Goberno do Sr. Carlos Vázquez Padín e rematado baixo a supervisión da actual Concelleira de Emprego Dª Ana Núñez. O programa resultou un éxito total posto que se superaron tódalas expectativas de empregabilidade, fixadas nun 45%, e chegando ao 71%, persoas que agora están ocupadas en empresas de automoción, comercio, hostalería ou alimentación ou incluso que emprenderon o seu propio proxecto empresarial.  Tamén felicitamos ao Goberno Actual por volver a solicitar a Concellería de Economía, Emprego, Industria a realización dunha nova edición.  O Goberno de C21, en colaboración ca Xunta de Galicia, votou a andar este programa fai un ano. Se partiu dun diagnóstico ocupacional de cada participante para, posteriormente, enfocar os perfís cara a tres itinerarios de formación: Ind...

C21 ante o Pleno Extraordinario do 30 de Outubro de 2019

Imaxe
Durante o Pleno Extraordinario de hoxe, o noso concelleiro, José Palacín, voltou a defender a xestión do Goberno Anterior, e cumpriu ca súa responsabilidade o respecto da Lei de Pago a Proveedores, neste caso aprobando conxuntamente co Goberno Actual unha serie de facturas pendentes do exercicio anterior, non sen antes plantexar que a administración local atopase maniatada por un procedemento que (dixo Palacín textualmente), "trata as administracións locais como a nenos". Ainda así, C21 afirma que Tui debe manter o equilibrio orzamentario e o rigor fiscal.  Do mesmo modo C21 solicitou ao grupo do Partido Popular que aínda que non votara a favor deste Pago a Proveedores polo menos apoiara moralmente as facturas xeradas pola xestión dos seus excompañeiros do PP durante o mandato anterior, cuestión que obtivo unha resposta negativa.

C21 Pediralle ao Sr. Alcalde a través dun rogo no próximo Pleno que permita a cada persoa do público realizar mais dunha pregunta.

Imaxe
C21 solicitaralle ao Excelentísimo Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, na próxima sesión plenaria que permita a cada un dos integrantes do público asistente formalizar máis dunha pregunta por pleno, unha norma imposta polo Sr. Cabaleiro e que C21 non comparte.  Converxencia 21 considera que xa que o actual goberno bipartito PSOE – EN MAREA artellou un sistema de plenos bimestrais, polo menos non restrinxa a expresión dos cidadáns. E que teña en conta o Sr. Alcalde que o apartado de preguntas do público aporta un valor engadido para o avance de Tui posto que aborda cuestións directas e de primeira man por parte da cidadanía. O Concelleiro de C21,   José Palacín, considera que “xa que se elevaron as retribucións plenarias para os membros da Corporación, polo menos os beneficiarios deberíamos non escatimar en entrega e esforzo, mantendo a nosa total disposición cara a cidadanía durante o tempo que faga falta”.  

C21 solicita ao goberno actual que aproveite a avantaxas e realice propaganda institucional da Rede de Xuderias.

Imaxe
Dende C21 queremos aproveitar o acto de protocolización da entrada na Rede de Xuderías para incentivar ao Goberno a aproveitar este prestixioso fito co fin de colocar, se cabe máis, a Tui no mapa das cidades de maior riqueza patrimonial de España e que isto a súa vez sirva como acicate para a expansión do Turismo.  Para C21 a entrada na Rede de Xuderías de España era un dos obxectivos primordiais do seu mandato e así o demostramos, logrando dita inclusión en marzo deste ano baixo a batuta de Carlos Vázquez Padín e co inestimable traballo técnico documental do noso historiador Suso Vila, … é máis, pedímoslle a este Goberno que lle faga un recoñecemento a o Sr. Vila pola dita labor, e moi fundamentalmente que realice unha abundante campaña institucional da nosa nova condición de socio na Rede de Xuderías de España. No próximo pleno C21 fará un rogo neste sentido.    Artígo de Carlos Vázquez Padín sobre a súa experiencia como catalizador da entrada de Tu...