C21 Tui amosa a súa preocupación polo crecemento de familias en dificultades.
C21 expresoulle ao Goberno Local, concretamente ao Sr. Concelleiro de Asuntos Sociais, D. Ismael Diz, a súa preocupación polas altas cifras de risco de exclusión social e necesidades de asistencia básica que se están a acadar en Tui, segundo explicou perfectamente na Radio Municipal o Sr. Presidente da Asociación Asistencial SOS Baixo Miño, a quen C21 quere felicitar pola súa labor inestimable e altruísta. Por iso o noso Concelleiro, José Palacín, insta o Goberno Local de PSOE - EN MAREA a ter a máxima receptividade ca petición de axuda loxística que realizou onte o Sr. Presidente desta entidade co obxecto de que poidan atender a estas 96 familias afectadas. Converxencia 21 tamén lle recorda ao Goberno que a mellor asistencia social é o traballo digno procedente da economía produtiva e que o Goberno de Carlos Vázquez Padín conqueriu as maiores cotas de emprego da historia recente de Tui, con un comportamento superior ao do resto do E...