Publicacións

C21 solicita a mellora da seguridade na tirolina do paseo fluvial.

Imaxe
Dentro do Plan #TuiSeguro, o noso concelleiro solicitou por rexistro de entrada o inmediato arranxo da plataforma de partida da tirolina do paseo fluvial. Os argumentos de C21 polos cales consideramos que esta base de partida é un serio peligro para os nenos son: 1) Porque a altura a que teñen que subir os cativos é considerable, 2) debaixo o terreo é pedregoso, cheo de rocas cortantes, e 3) a plataforma de ferro non se atopa protexida. José Palacín explicou na Radio Municipal de Tui que agrada se acometa esta sinxela obra o más pronto posible e ponse a disposición da Sr. Concelleira de Parques e Xardíns para aportar ideas.  Foto: Na foto podemos observar as deficiencias gravísimas da tirolina na súa plataforma de lanzamento.    Prensa:  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 21/01/2020

C21 solicitamos que se volva a arranxar o aparcamento municipal da Área Panorámica.

Imaxe
O noso concelleiro introduciu por rexistro de entrada a petición para que se acometa un novo arranxo da explanada da Área Panorámica explicando que a hipotética construción dun parking nestes terreos aínda non está consolidada nin política, nin xurídica, nin empresarialmente, e que os cidadáns de Tui e foráneos necesitan dun lugar practicable para aparcar os seus vehículos posto que actualmente o deterioro do chan volve a ser notable.  Palacín suxire que esta intervención debería ser máis duradeira ca última que efectuou este Goberno. 

C21 solicita a retirada dos adornos de Nadal.

Imaxe
O noso Concelleiro introduciu por rexistro de entrada a petición para que, xa finalizadas as festas, se retire a ornamentación de Nadal da terraza que se atopa en fronte da Porta da Pía, na Rúa Ordoñez. José Palacín solicita que se saquen estes elementos porque están a sufrir un deterioro innecesario e contribuíndo a mala imaxe do entorno. Pódese ver na foto que actualmente a terraza da Rúa Ordoñez é un campo de lixo.   Na Prensa: Radio Municipal de Tui: Noticias 13:30 do día 15/01/2020.  

Solicitude para reparación de postes e beirarrúas no centro urbano.

Imaxe
Dentro da súa campaña #TUISEGURO, C21 solicitou a intervención sobre dous postes de teléfono e luz que ameazan con caerse e tamén sobre varias beirarrúas que presentan unha deficiente urbanización ou adoquíns levantados e que tamén poden ser espazo de risco peonil.  Por unha banda temos dous postes, un de madeira na Rúa Maristas que presenta un perigo de derrube inminente, e outro eléctrico, na intersección de Casal Aboy – A Guarda, suxeito precariamente con tirantes. O  noso concelleiro tamén solicita a correcta urbanización, ou polo menos a reparación, da beirarrúa Casal Aboy no tramo que esta percorre entre a intersección ca Rúa Maristas e a intersección ca Rúa A Guarda, do mesmo modo que a recolocación de algúns adoquíns na rúa Ourense.  Por outra banda a partir de febreiro C21 levará a súa campaña #TUISEGURO as parroquias, iniciando o seu periplo en Caldelas onde se detectou unha fosa extremadamente perigosa na marxe da estrada PO 404, co cal C21 requirirá a X...