Publicacións

C21 solicita a reparación do valado do parque infantil de Malvas.

Imaxe
O noso concelleiro ven de solicitar por rexistro de entrada o arranxo do valado de madeira que protexe a zona infantil do parque de Malvas ao atoparse nun estado lamentable.. Os liberais, dentro da nosa campaña #tuiseguro, consideramos importante o mantemento destas áreas esquecidas nas parroquias. Do mesmo modo, Palacín lembra a Sra. Concelleira Titular de Parques e Xardíns que aínda ten pendentes varias pequenas reparacións formuladas pola súa formación.    Prensa.    Telemariñas    Infomiño    Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 01/10/2021     Porriño Digital    

Converxencia 21 considera moi desafortunado o ornamento da rotonda que enlaza a N-550 ca A-55.

Imaxe
  Converxencia 21 consideramos que o ornamento recentemente colocado sobre a rotonda que da acceso a Autovía A-55, resulta moi desafortunado dende o punto de vista estético e que dificulta a visibilidade. O noso concelleiro, José Palacín, mostrase contrariado porque: “O Goberno volveuno a facer. Non escoitan nin a oposición nin a sociedade civil, despois do fracaso das torres da rotonda anterior, tamén en Guillarei e satirizada incluso polas comparsas de entroido debido a carencia de contextualización, falla de estética e polo perigo que supón, agora insisten con outra obra na mesma liña. Tui é unha cidade histórica, construída con materiais nobres como a pedra, pero este Goberno propúxose inundar cada recuncho con cubos de ferro oxidado, e, unha vez máis, introdúcese un obstáculo visual que empana a funcionalidade desta interesante obra civil”. Os liberais consideramos que este ornamento da rotonda debería ser retirado porque, aínda que admite o dereito do Executivo a elixir o

C21 lamenta a falta de sensibilidade medioambiental e o anacronismo paisaxístico das obras de acceso a Praia de Areeiros.

Imaxe
Dende C21 consideramos que o Goberno Local acaba de incorrer nun desatino paisaxístico e medioambiental”. Para nos, os liberais - centristas, esta obra de accesibilidade á Praia de Areeiros, en Guillarei, retrotráese as actuacións costeiras da era do cemento, e pedimos ao Goberno Local mais sensibilidade e imaxinación. O noso voceiro, José Palacín afirma que: “É curioso, no pleno de maio, C21 incidimos en que Tui debería converterse nun referente de accesibilidade as praias fluviais, sobre todo para as persoas con problemas de mobilidade, pero actuando en consonancia cos parámetros descritos na Estratexia Estatal de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas, sen embargo, o formigón, aínda que pareza práctico, non é precisamente o material mais idóneo para conservación dos ecosistemas”. C21 preguntará neste pleno de setembro porque deste uso do “formigón a toda costa”.      Prensa.    Telemariñas   Infomiño   Porriño Digital   Radio Municipal de Tui. Noticias 13

C21 solicita a correcta sinalización do Camiño de Santiago ante o masivo desvío de peregrinos.

Imaxe
Os camiñantes proseguen pola Avda de Portugal en vez de tomar a ruta auténtica. O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada a petición de que se sinalice de forma correcta o Camiño Xacobeo na Avda de Portugal. Esta ocorrendo que moitísimos peregrinos están a seguir unha ruta errada por culpa dunha sinalización deficiente, e por enriba porque a escasa que existe, atópase tapada por unha árbore. O punto en concreto onde se producen estes desvíos non desexados, e que desvirtúan a ruta Xacobea do Camiño Portugués, atópase na Avda de Portugal, concretamente no cruce desta vía con Rúa Tenencia e ca Estrada PO–552 que conduce a A Guarda. Debido a que non existe unha sinalización clara e adecuada nese punto, os peregrinos que veñen de Portugal continúan recto, pola Rúa Martínez Padín, en vez de coller a ruta correcta por Rúa Tenencia e polo tanto, cara a zona fluvial. Isto, ademais de estragar o camiño aos peregrinos, pode supor que estes pasen de l

C21 denuncia a colocación dun contedor de aceite ao lado do Cruceiro de San Martiño de Areas.

Imaxe
  Converxencia 21 acaba de introducir por rexistro de entrada una petición para que se mova de lugar un contedor de aceite colocado o 30 de agosto a carón do Cruceiro de San Martiño. O noso voceiro mostrouse satisfeito e felicita ao Concello por colocar este novo contedor de aceite de cociña usado, posto que, segundo José Palacín: “É unha acción que redunda na reciclaxe, e como consecuencia, na mellora do medio ambiente”. Non obstante, tamén lamentamos a insensibilidade do executivo por seguir sumando contedores ao pé do cruceiro do San Martiño, medida contraria á estética e á conservación do patrimonio das parroquias, e por outra banda, por poñer en risco a integridade física dos cidadáns que deben acceder a este contedor situado á beira da estrada, cuestión que C21 considera un motivo de actuación urxente baixo a campaña de #tuiseguro. O noso partido propón o traslado dos contedores a tan só uns metros, no ramal paralelo, na N-551, antes da rotonda, porque se contribuiría a mellora