Publicacións

C21 felicita ás Escolas Agrupadas Mestra Clara Torres pola Medalla de Ouro do Concello de Tui.

Imaxe
  Converxencia 21 quere felicitar as Escolas Agrupadas Mestra Clara Torres pola consecución da Medalla de Ouro, máximo galardón do Concello de Tui, en virtude dunha labor adicada a educación no mundo rural e que leva sendo premiada en moitos ámbitos.  O noso, José Palacín, destaca: "Esta Corporación tiña a obriga moral de materializar esta admiración en forma de premio". Ademais do grande traballo fundacional da propia Mestra Dª Clara Torres, cabe destacar o labor de consolidación da xa ex - Directora, Dª Teresa Domínguez, quen, ao noso xuízo, realizou un emotivo discurso no cal valorou a tarefa social vertebradora que promocionou nas súas aulas. Tamén destacar a esperanza e optimismo que esperta a tarefa da súa sucesora, Dª Marta González . Por outra banda, se ven non interviu no acto, José Palacín si quixo destacar que: "Como representante de C21 e como liberal síntome especialmente orgulloso deste fito, porque valoro enormemente a dimensión das escolas rurais como d

C21 solicita unha intervención urxente na pasarela de madeira que conduce a Rúa Álvarez Blázquez.

Imaxe
  O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada a inmediata intervención na pasarela elevada de madeira que une a Rúa Calvo Sotelo ca Rúa Familia Álvarez Blazquez debido a que por causa das choivas converteuse nunha pista de patinaxe.  Unha vez máis, o Plan #tuiseguro volve a detectar un foco de perigo e solicita ao Goberno Local que se impregne a superficie da pasarela con un antideslizante.  Xa fai dous anos denunciamos esta cuestión ante as reiteradas caídas de varios transeúntes e por aquel entón o Concelleiro de Obras actuou, pero lembramos aos membros do Goberno son eles os que teñen que estar vixiantes destas cuestións tan básicas para a seguridade.    Prensa Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 29/12/2021 Telemariñas 

C21 solicita que se revisen as árbores de Tui debido a praga da Armillaria Mellea.

Imaxe
O noso voceiro acaba de solicitar por rexistro de entrada que se revisen tódalas árbores de Tui debido a que están a sufrir unha invasión da seta Armillaria Mellea, unha especie que apodrece as raíces das especies que coloniza. A maiores esta seta, a pesares de ser comestible, pode producir intolerancia en certas persoas e polo tanto deben manterse alonxadas dos nenos.  C21 xa pediu unha revisión das polas dos plataneiros por perigo de caída e atópase alerta pola saúde da flora local. Para Palacín: "Os investimentos millonarios da Concellería de parques é Xardíns non acaba de traducirse na mellora da arborada".        

C21 solicita a reparación do firme da estrada de Malvas.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, solicitou vía rexistro de entrada unha intervención na estrada de Sambade, na parroquia de Malvas, debido ao mal estado do firme. Neste percorrido a vía atópase chea de baches e con tramos de notable deterioro no asfaltado. C21 lembramos a débeda do Concello de Tui ca vía principal que percorre esta parroquia de Malvas e explica que unha das maneiras máis eficaces de vertebrar o rural é a de habilitar os seus puntos claves de comunicación. De feito, o illamento de Sambade fixo que este lugar perdera unha ducia de habitantes nestes últimos 20 anos, e do mesmo modo, que o CRA de Malvas tamén quedou sen funcionar por culpa da falla de alumnos.    Prensa   Telemariñas.    Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 14 de Decembro de 2021.