C21 valora positivamente a apertura da nova Oficina de Turismo e solicita que se incida en promover o coñecemento da súa localización.
Os liberais de Tui consideramos ca nova Oficina de Turismo pode ser un acicate para a mellora do servizo ofertado por este sector. José Palacín, quen asistiu a inauguración das dependencias, na Corredoira, considera que o edificio atópase nun lugar privilexiado e que contén a estética axeitada, a cal ven determinada pola inclusión de Tui no Proxecto Río Miño Navegable que se iniciara baixo o mandato do noso Goberno, entre 2017 e 2019, trala reunión entre D. Carlos Vázquez Padín e D. Arturo Grandal, ideólogo e impulsor do proxecto. Converxencia 21 consideramos que a materia pendente respecto a este edificio é a indicación da súa ubicación por medio de unha sinaléctica clara e infalible e da xeolocalización nos mapas físicos e tecnolóxicos, debido a que a oficina non se atopa dentro da ruta do Camiño de Santiago. Por outra banda, C21 solicitamos que neste ámbito se destaque con máis presenza a pertenza de Tui a Rede de Xuderías de España, para Palacín: “Un dos maiores potenciais culturai...