Publicacións

C21 solicita a reparación do cristal da parada de autobús da rúa Ourense.

Imaxe
  O noso concelleiro acaba de introducir por rexistro de entrada a solicitude para que se repare o cristal da parada de autobús da Rúa Ourense posto que ofrece unha mala imaxe y pode supoñer un potencial perigo, así como tódolos os que presentes desperfectos ao longo da demarcación de Tui. Palacín lembra ao Goberno que no monstruoso expediente de crédito que acabou retirando na última Sesión Plenaria se planificaba a construción de cinco novas paradas de bus, o cal para os liberais está ben, pero explica Palacín que: “Tamén hai que apostar pola cultura do mantemento como ocorre nos países nórdicos, de feito, por exemplo, o de C21 foi o primeiro Goberno que contratou un mantemento especifico de parques infantís fronte ao gasto desmesurado en obra nova deste Goberno e pedimos que se vixíe o estado de conservación das paradas más sistematicamente”.   Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h.    

C21 pide ao Goberno o desatascado dos sumidoiros da Rúa Piñeiro.

Imaxe
  Converxencia 21 acaba de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo a limpeza dos sumidoiros que se atopan na baixada da Rúa Piñeiro. Nesta zona e en moitos tramos das rúas do casco histórico o alcantarillado atópase sen o mantemento axeitado e por iso é necesario levar a cabo unha revisión e unha limpeza a fin de que si veñen choivas de final de primavera e comezos do verán non se produzan inundacións por falla de absorción de ditos sumidoiros. José Palacín explica que a pesares do gasto inxente do Goberno neste último expediente de crédito, máis de 700.000 euros, quedan demasiadas cousas básicas por abordar por ausencia de optimización e o asunto do alcantarillado é clave para non sufrir danos e perdas en caso de choivas torrenciais.    Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 10/05/2022   Telemariñas 

C21 solicita que se pinte a praza de aparcamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida na rúa O Rosal.

Imaxe
  Converxencia 21 acabamos de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo o pintado da praza de aparcamento para vehículos de persoas con mobilidade reducida que se atopa na Rúa o Rosal. O noso voceiro, José Palacín, considera que: “O firme desa rúa en xeral presenta mal aspecto e que carece da sinalización de pintura adecuada pero o máis salientable é que a praza de minusválidos practicamente non se distingue, por iso pedimos pintala axeitadamente”. Do mesmo modo, Palacín explica que: “É necesario elaborar uns novos orzamentos, pero que, si esta obra se realiza con cargo ao remanente líquido de tesourería, se deben presentar as facturas derivadas dos traballos de forma preceptiva, segundo marca o lei de contratos do sector público, e que así non suceda o que ven acaecendo de forma sistemática cada vez que este Goberno introduce un expediente de crédito extraordinario”.   Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 6 de Maio de 2022.   Telemariñas    

C21 volve a solicitar a volta do Mercado do Xoves para a Corredoira e a súa contorna.

Imaxe
    A Corredoira un xoves as 11.30 h. C21 insistimos en que o tradicional Mercadillo do Xoves debe voltar a Corredoira e a algunha das súas rúas limítrofes como cara ao interior de Rosa Bahamonde. Converxencia 21 apoiou no seu día o traslado do mercado a zona de Camfran por motivos do COVID, en tanto en canto durase o Estado de Alarma e o máis duro da crise sanitaria, pero para o noso concelleiro: “Isto xa rematou fai tempo e o Goberno Local continúa a condenar de inanición aos comerciantes ambulantes e a unha peregrinación absurda ao usuarios deste tradicional mercado” De feito, C21 xa impulsou un Pleno Extraordinario para tratar este asunto e pediu o regreso do mercadillo a Corredoira en duas ocasións mais mediante rogos en sesión plenaria e notas de prensa. Palacín afirma que de maneira informal acaba de realizar unha proposta ao Alcalde para recolocar o mercadillo ao longo de toda a Corredoira ata o final da Rúa Calvo Sotelo, pero so nunha fila e deixando corredores colaterais e

C21 solicita a inmediata retirada do altofalante que se atopa anclado a unha palmeta do palco da música.

Imaxe
O voceiro de Converxencia 21 acaba de solicitar por rexistro a inmediata retirada do altofalante que se acaba de colocar anclado a unha palmeta sobre o teito do palco da música. Os liberais lembran que este espléndido palco acaba de ser restaurado, e que moitos dos danos previos a restauración realizada baixo o Goberno de C21, atopábanse na decoración da techumbre, precisamente provocados pola tensión dos cables dos altofalantes e de outras instalacións instaladas no pasado. José Palacín lémbralle ao Goberno actual que non se debe voltar as malas prácticas en materia de Patrimonio, e polo tanto esixe o coidado exquisito deste templete.    Prensa   Radio Municipal de Tui- Noticias 13,30 do día 19 de abril de 2022. 

C21 considera as facturas do último expediente de crédito do Goberno socialista como o maior desenfreo financeiro da década.

Imaxe
  O partido liberal de Tui, vimos de cualificar as facturas do Expediente de Crédito 2/2022 como o “maior desenfreo da década a nivel de xestión das finanzas en Tui”. O noso voceiro, José Palacín, no pleno do último xoves, e durante media hora de intervención, criticou este listado de facturas por valor de 763.789,24€ porque segundo explica: “Trátase en bastante ocasións de malgasto para o cal o Goberno carece de crédito, faise un uso inadecuado do Remanente de Tesourería que debe estar enfocado a inversión e non a un gasto corrente producido por carecer de Orzamento Municipal, temos facturas que se introducen sen o procedemento estipulado pola Lei de Contratación do Sector Público (LCSP), con cantidades elevadísimas, a empresas recorrentes e as veces sen contar con ningún tipo de informe xustificativo”. No seu discurso, o voceiro de Converxencia 21 fixo referencia especial aos encargos das Concellerías de Parques e Xardíns e de Vías e Obras, desglosando moitas facturas de forma esp

C21 insiste na correcta sinalización de determinados puntos do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui, poñendo agora o foco na zona da Catedral.

Imaxe
O concelleiro dos liberais de Tui, introduciu esta semana por rexistro de entrada unha petición para a correcta sinalización do Camiño ao seu paso por Tui. Esta vez trátase da confusión que xera o Banco do Peregrino que se atopa diante da Catedral e que ten un moneco con frecha que sinala a porta da antiga oficina de turismo en vez de indicar a subida das escaleiras e continuar cara a Praza da Casa do Concello, e polo tanto en dirección ao casco histórico. Ante esta situación, explica José Palacín: “Os que percorren o Camiño collen unha dirección errada cara a cidade nova”. Tamén explica que as indicacións para identificar a nova oficina de Turismo dende a Catedral son practicamente nulas. Por outra banda, Converxencia 21 realizamos unha pequena enquisa entre os camiñantes sobre a sinalización da Ruta a entrada da fronteira e a maioría a consideran mala ou moi mala, así como pensan que dita entrada ten un aspecto indigno. Ámbalas cuestións, especialmente a deficiente sinalización da Ru