C21 solicita que se revisen os pilares do pavillón do CEIP de Guillerei e que se solvente o problema de humidades e outras melloras para este centro.

O noso concelleiro, José Palacín, dentro da campaña liberal #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro unha petición para que se revisen os pilares da parte frontal do pavillón do CEIP de Guillarei que se atopan afectados por unha corrosión aparentemente debida as humidades que se filtran dende o parque contiguo. Esta enfermidade do formigón comezou a manifestarse de forma severa a raíz das obras do parque infantil e podería darse debido a filtracións de auga porque a parede do pavillón linda ca parcela axardinada e en parte queda soterrado pola mesma. Os liberais pedimos unha diagnose da situación dos pilares e a reparación do problema que non parece moi difícil debido a que o rego de recollida de augas da parcela contigua aparenta non cumprir ca súa función debidamente. Do mesmo modo, José Palacín, aínda consciente de que son parcelas de entidades diferentes, pide un acceso en mellores condicións dende o colexio ao parque contiguo posto que a rampa actual non cumpre os requisitos míni...