C21 solicita varios arranxos do pavimento polo centro de Tui.
O noso concelleiro, José Palacín, dentro do Plan #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada e nas áreas de Vías e Obras e de Parques e xardíns, algúns pequenos arranxos como poden ser: repoñer a ausencia de pezas de pedra na zona que percorre a intersección entre as rúas Maristas e Betanzos, do mesmo modo, a reparación dun socavón debido ao afundimento dunha arqueta na Travesía de Santo Domingo, ou o derrumbe da balaustrada preto dos Xardíns de Troncoso, isto último por causa dos temporais destes últimos días. Da mesma forma, lembra co Goberno ten sen executar o arranxo de baldosíns na Avda. de Portugal, posto que estes atópanse totalmente levantados e iso que esta intervención pediuse fai meses por parte dos liberais. C21 tomou a decisión de continuar co Plan #tuiseguro ata o final do mandato e pide máxima receptividade por parte do Goberno. Prensa Telemariñas Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 31 de Outubro de 2022.